Curso 18-19

Programa “introdución á robótica educativa en primaria”

Durante o presente curso 2018-2019 estamos a participar no programa de innovación educativa “introdución á robótica educativa en primaria”, co que se pretende introducir de maneira curricular a robótica e o pensamento computacional, e polo tanto a programación en diferentes materias do currículo (sobre todo matemáticas e as ciencias).

O proxecto estase a levar a cabo no 6º curso de primaria, extendéndoo a 4º e 5º a través da participación en diferentes actividades.

 

Para a posta en marcha de dito proxecto o profesorado participou nun plan de formación permanente do profesorado (PFPP) relacionado coas iniciativas formativas no ámbito STEM (ciencia- tecnoloxía- enxeñaría e matemáticas) e a robótica.