Skip to Content

Complementarias

XA QUEDA POUCO PARA ENTRAR NO NOVO CEIP TIRÁN

Agosto 2010

 

Todos estos amigos espéranvos no colexio.

Xa queda menos, lembrade que o 10 de setembro

estaremos todos de volta con moitas novidades que neste novo curso estreamos.

 

Aquí tedes algunha...

 

 

 

AS OBRAS REMATARON e nos deixaron moitas sorpresas, que agora podedes adiviñar...

 

 

 

 

 

                                                       

 

 

 

 

         

 

 

 

            

 

 

 

                  

 

¿Gústanvos os cores?

 

Inda hai moito máis que descubrir neste colexio sen estrear.

 

 

 

 

 

 

 

 

LEMBRADE:

  • Para o novo curso temos prazas valeiras para nenos e nenas que aínda non teñen praza noutros centros e queiran estudiar neste colexio.
                               A matrícula segue aberta en setembro.
  • Temos transporte escolar gratuito. O seu recorrido vai dende a rotonda "do gordo de Cangas", pasando por toda a zona de Tirán, baixando por O Con e chegando ata o mercado de Moaña e volta para Tirán. Pregunta no colexio para maior exactitude.
  • O noso horario é de 09:30h a 14:30h.
  • Comedor escolar de 14:30h a 16:00h todos os días.
  • Actividades extraescolares e biblioteca de 16:00h a 18:00h de luns a xoves.
  • EDUCACIÓN PLÁSTICA na Primaria e PSICOMOTRICIDADE  en Infantil en INGLÉS.
  • Entorno natural privilexiado.

 

 

                                                         

                                       

OUTRAS CULTURAS DEBUXAN AS NOSAS MANS E PERNAS

            

OBRADOIRO DE HENNA 

O venres 11 de xuño, tivemos a visita dunha amiga e unha nai do colexio que debuxaron as nosas mans e pernas con "henna"(pigmentos naturais extraídos de plantas e barros que tinguen de cor non permanente a pel) a través de distintas técnicas con plantillas e xeringuilla.

            

 

Os nenos e nenas asistiron ao proceso de debuxado, así como á preparación do té árabe e á súa degustación xunto a un doce típico.

O obradoiro resultou un éxito, ata as nais quixeron "tatuarse" un bonito deseño.

Dar a coñecer outras culturas é o mellor xeito de integración e de facer libres aos nenos e nenas,

 abrindo mente e corazón ao novo.

ESPECTACULAR E MULTITUDINARIO XXII CROSS DE TIRÁN 23 de maio de 2010

As nosas brillantes atletas correron coma lebres, a pesar da calor que facía neste maravilloso día de verán.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
GRACIAS:
 
 As nais e pais que durante meses non pararon de organizar, traballar e ilusionarse por tan grande festa do deporte.
A Avelino (Clube de Atletismo Samertolomeu) por axudar e aconsellar as nais durante todo o proceso de preparación e posta a punto do Cross.
Ao Concello por aportar vallas, escenario, podium,...     E acodir algúns dos representantes que sabemos apoian ao colexio para todo.
A todos os comerciantes de Moaña e fora, que de maneira desinteresada, aportaron non pouco do que tiñan nestes tempos de crise, e atenderon as nosas nais agradablemente.
A todos os nenos e nenas do noso colexio e de todos os demais dos arredores: Moaña, Cangas, Vigo, Ponteareas, Redondela,...
A todos os veteranos, incluso os maiores, que quixeron participar activamente, e dar exemplo aos cativos ca saudable cultura do deporte que axuda a xóvenes e anciáns.
 
 
 
 Ata o vindeiro ano. 
 

ANXO LORENZO, UN GAITEIRO MOI ESPECIAL EN TIRÁN

O 21 de maio de 2010

Recibimos a visita de ANXO LORENZO, o gaiteiro de Tirán. Ofreceunos un concerto didáctico moi especial a todos os nenos e nenas do CEIP Tirán. Anxo é un gaiteiro recoñecido internacionalmente,  que amablemente compartiu connosco a súa máxica música e contestou tranquilamente a todas as preguntas dos nenos.

O nome do seu último disco é TIRÁN, por ser a súa terra do que máis orgulloso se sinte. A primeira canción do disco que leva o mesmo nome, comenza cas olas do mar de Tirán.

Os nenos quixeron regalarlle unha CURUXA moi especial para nós que iguala á que temos no tellado do colexio. Esperemos que o noso cole voe tan alto como Anxo, que xa quedou connosco de voltar no vindeiro Nadal  para así podelo disfrutar en exclusiva xunto aos pais e nais do colexio.

QUEDAS CONVIDADO TI TAMÉN, ANXO,

A VOLTAR POR AQUÍ CANDO QUEIRAS.

CONTACONTOS DO IES PARALAIA

14 de Abril de 2010.
Hoxe visitáronnos uns amigos e amigas do IES Paralaia e contáronnos unha boa tandada de contos, cos que disfrutamos moito.
Gracias por vir. ¡Voltade para o ano, vos esperamos!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut