Skip to Content

Xa está preto o SAMAÍN (e Halloween)

Este próximo venres 28 de outubro celebramos no CEIP Plurilíngüe Tirán o "SAMAÍN" (e o HALLOWEEN) a través de distintos obradoiros cos nenos/as e cunha gran merendola todos xuntos, ambientadas esas degustacións na propia festa!

E como o proxecto anual deste curso escolar é "Tirán Saudable" baseado nun Proxecto Deportivo e na Vida Saudable da comunidade educativa, ¿alguén se atreve a darlle un toque saudable ós postres que imos degustar?

Dende o centro xa está todo preparado e ambientado para celebrar este día!

 



blog | by Dr. Radut