O martes, 1 de marzo, ainda que cun chisco de retraso por mor do mal tempo, celebramos o Dia de Rosalía (conmemorado o 24 de febreiro) xunto cos/coas nenos/as dos outros colexios da localidade e a Guardería municipal.
A cáscara do ovo está feito de carbonato cálcico e o vinagre é un acido débil. Ao mesturalos a cáscaro do ovo se vai desfacendo polo que, nuns días, o ovo queda recuberto pola súa membrana semipermeable.
Hoxe tivemos a charla do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Contornos a que acudiron os alumn@s de 5º e 6º de Ed. Primaria.
Este plan ofrece aos centros charlas informativas sobre os riscos asociados a utilización da internet e as novas tecnoloxías, impartidos por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Os/as alunmnos/as de 1º e 2º de Ed. Primaria foron de excursión a Vigo o pasado venres, 4 de marzo. Alí visitaron o museo de ciencias naturais, Naturnova, e o Museo de Arte Contemporáneo, MARCO.
Neste última semana de clase, fomos visitar, e algúns de nós coñecer, a nosa Biblioteca Municipal. Moitas grazas a Bibliotecaria Marisol por atendernos tan ben!