Despois de moitos aplazamentos por mor do mal tempo, por fin poidemos visitar a fortateza do Castelo de Santa Cruz, co guía do Concello que nos ensinou moitísimas cousas interesantes.
O pasado venres tivemos unha saída cultural ao Auditorio do Rosal onde vimos e escoitamos ao quinteto de metais da Coruña "Os Superhércules". Quenes, coa axuda dos seus instrumentos (trompetas, trompa, trombón e tuba) leváronnos nunha aventura a procura dos 3 elementos da música: a melodía, a harmonía e o ritmo. Pasámolo xenial!
Algúns dos membros da equipa de hockei liña que entrena no noso pavillón visitáronnos o pasado luns, 31 de marzo, e nos mostraron as protecións que deben levar, os patíns que usan e como se xoga.
Moitas grazas aos tres: Miguel, Fernando e Carmen.