Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

Saída a Vigo de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

O martes, 5 de abril, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria foron a Vigo a visitar o Museo do Mar, onde se repartiron en dous obradoiros: "Tradicións mariñeiras" onde coñeceron embarcacións, aparellos e conservación relacionados coa pesca e "O mundo submariño" onde coñeceron a evolución do submarinismo dende as súas orixes.

Despois acercáronse ao Teatro Rosalía de Castro onde disfrutaron do concerto didáctico: "Estamos no verán".

Plantación no colexio

Dentro das actividades do proxecto de Voz Natura, os alumnos de Ed. Infantil, xunto aos mestres membros do equipo, crearon unha horta no noso patio. Esperemos que todo medre ben e de moitos froitos!

 

Visita a casa de Susa e aos seus animais

Os nenos e as nenas de 6º de Ed. Infantil foron de excursión á casa de Susa para ver os cabritiños e atoparon que alí había moitos mais animais. Que ben o pasaron!

 

Saída ao Parque e limpeza da praia de Fedorento.

Os nenos de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil tiveron o pasado xoves unha saída ata o parque e a praia de Fedorento onde contribuiron co medio ambiente limpando un pouco esa praia.

 

Sesións de relaxación de 2º e 3º de Ed. Primaria

 

O mércores, 6 de abril, comezou no noso colexio a actividade de Mindfulness consistente nunhas sesións de meditación e relaxación para os nenos e nenas de 2º e 3º de Ed. Primaria ofertados pola Asociación Érguete Baixo Miño e que terán unha duración de 5 sesións repartidas nunha vez á semana, rematando o 4 de maio.
         
  Mércores 6 de abril: Mindfulness   Mércores 13 de abril:Ioga  
     
         
   Mércores 20 de abril:Corto de relaxación
   Mércores 27 de abril: Atención/Concentración  
       
  Mércores 4 de maio: Mandalas  
     
         

Listaxe provisional de nenos/as admitidos/as para o curso 2016/2017

         
     
         

I Feira do libro de Solanas

Mañá xoves, 28 de abril, terá lugar a I Feira do libro de Solanas. Xa está todo preparado.

Recordamos a nais, pais e demais familia que tamén poderán participar a partires a 13:30 co seu propio intercambio de libros entre adultos.

Animádevos a vir!

 

I Feira do Libro Solanas

O xoves, 29 de abril, celebrouse no noso centro a I Feira do Libro de Solanas, na cal participaron tódolos cursos de Ed. Infantil e Ed. Primaria. Tamén houbo feira de adultos onde tanto mestres coma pais e nais poideron intercambiar os seus libros.

 

Festival de primaveira 2016

O pasado venres, 22 de abril, celebramos no Salón de actos do Centro Cultural de A Guarda, o III Festival de primaveira con moitas actuacións dos alumnos e incluso se animaron a participar algúns mestres e mestras do centro. Foi agotador pero moi entretido!

Menú comedor Maio 2016

 



by Dr. Radut