Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

A publicidade (6º Ed. Primaria)

     
  Traballamos a Publicidade na aula de 6º de Ed. Primaria dentro das actividades de CCs. Sociais.
     
   
     

Que rica a ensalada da nosa horta!

 

  

Os/as nenos/as de Ed. Infantil poideron degustar unha rica ensalada feita cunha variedade de leitugas cultivadas entre eles/elas.

Así a comida sabe moito mellor!

 
      
   
     

 

Visita de Amparo a nosa exposición!

   

 Amparo Ferreira visitou a nosa exposición sobre a súa obra e nos falou un pouquiño dela.

Nós aproveitamos tamén a saída para xogar un pouquiño no parque. Guiño

   
     
   
     
     

Concerto no colexio de Uxía Lambona e a Banda Molona

     
 

O venres, 27 de maio, tivemos no noso colexio o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Foi moi divertido porque cantamos e bailamos un montón.

 
           
   
     

5º Construe catapultas

     
 

Os/as alumnos/as de 5ºde Primaria construíron catapultas dentro da materia de Ciencias Naturais.

Estes foron os seus resultados.

   
     
     
     

Concertos didácticos

     
       O xoves, 2 dexuño, acudimos ao Centro Cultural para escoitar os Concertos Didácticos dos/as alumnos/as do Conservatorio da Guarda. Pasámolo moi ben!      
     
   
     

A qué sabe a lúa?

   
  Os/as alumnos/as de 4º de Primaria contaron, cantando de xeito rapeado, un conto aos/as nenos/as da Guardería Municipal e aos de Ed. Infantil do noso cole. Ao rematar fixeron unha riquísima degustación dos sabores da lúa.  
   
     

 

 

 

 

Festa de despedida do Clube de lectura de 6º

     
    

Clube de Lectura

Para despedir o seu club de lectura os nenos e nenas de 6º de Primaria realizaron as recetas do libro:

Escarlatina, a cociñeira defunta.

A merenda foi moi orixinal e ademais estaba boísima!

    
     
    
     

Día de Convivencia

     
      O luns, 20 de xuño, tivemos no colexio o noso día de convivencia onde realizamos obradoiros variados misturándonos todos os nenos e nenas en grupos por cores. Cada obradoiro representaba un país dos investigados no proxecto da biblioteca.     
     
   
     

Homenaxe a profe Bel

     
   A profe  Bel, despois de moitíííísimos anos en Ed. Infantil, decidiu cambiar ao cole de Primaria. Coma despedida todos os alumnos concentrámonos no patio cuberto para facerlle unha emotiva homenaxe.   
     
   
     


by Dr. Radut