É unha actividade lúdico educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno e didáctico, o mundo da dobraxe.
Primeiro, utilizando monicreques, os actores e dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fan un xogo dramático moi divertido no que nos mostran todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a súa dobraxe.
Logo, sen abandonar o ton lúdico e teatral, preséntalles os personaxes do “mini capítulo” que “o propio alumnado” vai dobrar, sorprendéndose con exóticas versións orixinais, en idiomas que probablemente xamáis escoitaran.
Acto seguido, ensaiamos todos xuntos un fragmento da película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes.
Xa temos os/as dobradores/as. // Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e... // Silencio! Imos gravar! // Gravamos... e, moi sorprendidos/as, escoitamos o resultado.