O GRUPO “A” DE 6º NIVEL DE INFANTIL E A HORTA
Este curso, como estivemos a cociñar pan, decidimos que sería interesante plantar algún cereal.Para axudarnos estivo Jacobo, da asociación “Amigos da Terra” , e el trouxonos unhas sementes de centeo.
(clica "ler máis")
Pero antes tivemos que ir á horta preparar o terreo.
1º Arrincamos as malas herbas.
2º Enriquecémola terra botándolle compost.
Unha vez preparada, poidemos comenzar a sementar.
1º Espallamos as pequenas sementes por todo o bancal.
2º Cubrimos as sementes axudándonos dun angazo.
Finalmente so queda agardar a que o centeo xermole e medre.E antes de que o faga imos repasar o nome dos sete cereais : O CENTEO, O MILLO, O TRIGO, O ARROZ, A AVEA, A CEBADA e O MILLO MIÚDO ( que é o MIJO).
Aquí tedes unhas fotos de canto crecera o centeo o último día que estivemos no cole.
Se queredes facer algunha ficha relacionada co tema, premede na palabracereale se queredes ver a secuencia de fotos da horta premede na palabravídeo.