A horta cooperativa cos nen@s de 4 anos!

Nos principios da nosa horta, os rapaces de 4 anos preparamos a terra con moito coidado e quitamos as pedras e herbas pequenas.

              

Sementamos leituga e allo. Fixémolo de xeito cooperativo, en equipos de 4 :

Un  fixo o burato cun pao

Outro meteu a semente

Outro tapou con terra

Outro regou

 

Uns días despois regamos de novo e investigamos as cousas que están crecendo no invernadoiro. Xogamos a adiviñar qué estaría crecendo en cada bancada e moitos acertaron!!! Estabamos moi guapos cos mandís do Meco no Entroido.