Seguimos!!

Bo día!

Agardo que esteades pasando estes días facendo moitas manualidades, bailando e cantando, xogando… e que tamén aproveitedes para ler algún libro e repasar un pouquiño.

Mándovos os enlaces para o traballo desta semana de Lingua galega e Ciencias da natureza porque, como vos dixen, o traballo de Ciencias socias era extenso e suficiente para as dúas semanas.

Recordade que non é necesario imprimir, podedes facer os exercicios na libreta.

Mándovos tamén uns enlaces con recursos e experimentos para aprender divertíndose!

Vémonos pronto!!

 

Lingua Galega                                                  Ciencias da Natureza