REUNIÓN INFANTIL

06/09/2013 11:22
06/09/2013 14:22
Etc/GMT

Benvidos!

O vindeiro venres, 6 de setembro, ás 11h da mañá faremos unha reunión coas familias de infantil na que se tratarán aspectos do comezo do curso.

QUEN É ESTA EXTRAÑA CRIATURA?

Hoxe recibimos ao personal do CSIC participando no Exper-i-Ciencia CSIC 2013. Esta edición conta co apoio da Fundación Barrié a través da súa canle educaBarrié.

Estivemos moi atentos e desfrutamos moito da clase de Luísa. E deixounos tarefas! A nosa primeira tarefa como científicos será investigar quen era esta extraña criatura que nos deixou.

Despois de discutir en asamblea temos unha hipótese:

FOSIL DE OURIZO?

 

E a partir da páxina de "Divulgamar" verificamos que se trataba dun ourizo de arena, tamén chamado "Pataca de mar", con nome científico: Echinocardium cordatum. que, cando esta vivo ten como pelillos e é así...

(clicade en "Ler máis" ou no título desta nova para descubrir a foto)

ENTROIDO

Fixemos disfraces de... animais, paiasos, indios e piratas.

O último día da semana foi a festa do cole. Comimos churros, filloas, orellas... e participamos no desfile do cole, estábamos guapísimos!

(clicade na imaxe para ir á galería de fotos ou entrade nesta noticia para ver o video da nosa aula)

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA. Video

Os nenos e nenas de 3 anos remataron o seu proxecto "Unha eiruga moi larpeira" coa mestra Lucía preparando un laborioso "movie-maker".

FROITA DIVERTIDA

 

OVOS FRITOS CON PATACAS!!!!! ESTES NENOS/AS DE 3 ANOS SON UNS COCIÑEIROS MOI ENXEÑOSOS.

OS 3 PORQUIÑOS

 A familia de Xoel representounos o conto "Os Tres Porquiños".

SAMAÍN-HALLOWEN

ESTES NENOS DE 3 ANOS DAN MOITO MEDO!!!!!!!!!!!!!!

PASÁRONO XENIAL NA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN-HALLOWEN PINTANDO A CARA, XOGANDO COA TEACHER MARÍA, COMENDO O TREN DA BRUXA E ESCOITANDO CON MOITA ATENCIÓN O CONTO DO "FANTASMA MOCOSO" QUE NOS VEU CONTAR A PROFE MERCEDES, GRACIAS.

O CASTELO DE SOBREIRA

Pintando mans e pés para facer morcegos e pantasmas no Castelo de Sobreira e de merenda pantasmas de plátano.

UUUUUU!!! QUE SUSTO.