Iniciar sesión: Acceso

Actividades

Letras Galegas 2013 - Danzas Populares.

Unha das actividades realizadas para celebrar as Letras Galegas foi o festival de Danzas Populares (preparado polas mestras Rosa de Educación Física e Rosa de Música), para reivindicar e pór en valor, as nosas tradicións e a nosa cultura.
O alumnado de Infantil bailou "O xogo da carrasquiña". É un baile para divertirse, recollido no concello de As Neves. É un dos xogos máis extendidos pola xeografía galega.
Os nenos e nenas de Primeiro e Segundo de Primaria interpretaron unha danza de orixe portugués, "Malhao, Malhao".
O alumnado de Terceiro de Primaria bailaron unha versión instrumental da popular "Indo eu...Indo eu...".
Os rapaces e rapazas de cuarto curso interpretaron o "Regadiño". É unha melodía moi coñecida no norte de Portugal e foi recollida polo colectivo vigués "Danzas do Mundo".
Os alumnos e alumnas de 5º curso bailaron una Muiñeira, que é o baile galego máis importante e que representa a Galicia.
Por último, o alumnado de 6º curso, interpretou  "O Baiao, Baiao", unha danza de orixe brasileira, bailada en roda e con pase de rumba.
Antes de finalizar o festival, todo o centro bailou "O Don Melitón". Esta danza foi recollida polo grupo Malvela, na zona sur de Galicia.
Para rematar bailamos o Pirimpimpín e "A saia da Carolina" tanto nenos e nenas, profesorado e as familias que se achegaron ao centro.

Letras Galegas - Danzas Populares.

O pasado venres 24 celebramos o festival de danzas populares como actividade final ás realizadas durante a Semana das Letras Galegas

 

Roberto Vidal Bolaño

Enlace á páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Letras Galegas 2013. Materiais didácticos.

MATERIAIS DIDÁCTICOS LETRAS GALEGAS 2013 (preme aquí)

da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO . INFORMACIÓN E ACTIVIDADES -

LETRAS GALEGAS 2013

Unha pequena homenaxe para Rosalía de Castro dende o CEIP de Seixo.

O Ceip de Seixo súmase, cunha pequena homenaxe, á celebración do día de Rosalía de Castro (24 de febreiro)...

Flores e máis flores para Rosalía.

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL