Iniciar sesión: Acceso
25-NOVEMBRO, DÍA DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Fatima o Dom, 20/11/2011 - 20:13
O vindeiro venres 25 celébrase o Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero. O día foi declarado no Primeiro Encontro Feminista para América Latina e o Caribe que se celebrou en Bogotá- Colombia en 1981.
Elexiron dita data porque un 25 de Novembro de 1960 foron asasiñadas as irmás Mirabal pola Ditadura de Rafael Trujillo na República Dominicana.
No ano 1999 foi recoñecida polas Nacións Unidas como "El día Internacional para la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres"
Os seguintes vídeos presentan de forma lúdica valores que dende a casa e a escola temos que traballar de xeito regular para loitar contra a Violencia.