Iniciar sesión: Acceso
INSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2023-2024
Enviado por admin o Ven, 18/08/2023 - 12:21
Todas aquelas familias que esteades interesadas en inscribir ás vosas fillas e fillos no comedor escolar debedes prestar moita atención.
Picando na imaxe anterior accederedes a un pdf no que poderedes ver toda a información que nos facilitou a empresa ARUME (encargada deste servizo) con todos os pasos que debedes facer para inscribir ás vosas fillas e fillos no comedor escolar do vindeiro curso 2023-2024.
Ante calquera dúbida que vos poida xurdir podedes chamar ao seguinte teléfono da empresa:
ARUME: 986 45 30 40
Ou ben contactar con PATRI, encargada na ANPA do comedor.
PATRI: 659 47 36 15