Iniciar sesión: Acceso

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 16-3-2020 AO 22-3-2020

Seguindo as instruccións dictadas pola Consellería de Educación, os profes do cole estiveron elaborando propostas de actividades para que todos os nenos e nenas poidades continuar co proceso educativo nos vosos domicilios.

Picando na seguinte imaxe atoparades uns boletíns de actividades que se irán actualizando semana a semana para que teñades diferentes ideas, actividades e recursos para traballar nas casas.

No enlace atoparades todo o material dividido en catro grandes grupos...

- EDUCACIÓN INFANTIL

- 1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

- 4º, 5º, 6º DE PRIMARIA

- ESPECIALIDADES

- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL