Iniciar sesión: Acceso

AS FORMAS NA MÚSICA

O 24 de Marzo de 2011,os alumnos/as do 3º ciclo,visitaron o Auditorio do centro social Caixanova en Pontevedra,para asistir a un concerto didáctico no que se mostraron algunhas das formas e estructuras máis sinxelas utilizadas ao longo da historia da música. En escena, un grupo de instrumentistas, o seu director e un actor buscaron a complicidade do público para conseguir unha escoita atenta e participativa. A música transcorre no tempo. Os compositores ordenaron as súas ideas musicais e desenvolvéronas construíndo pequenas ou grandes estruturas musicais e utilizando para iso dous ingredientes básicos: a repetición e o contraste. Foi un espectáculo ameno e de calidade, para que os escolares o recorden como un acontecemento festivo e emocionante. 

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL