Iniciar sesión: Acceso

Últimas novas

AVISOS IMPORTANTES

HORARIO DO CENTRO NO MES DE XULLO:

O centro permanecerá aberto de 10 a 13 horas dende o 1 ao 12 de xullo do 2019.

 A PARTIR DO 15 DE XULLO E A ATA O 31 DE XULLO, para calquera consulta chamar ao número de teléfono: 696 10 70 27 (en horario de 10 -13 horas).

 

PRAZO DE ENTREGA PARA RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Unha vez publicada a listaxe definitiva, os días 10, 11 e 12 de xullo de 2019, en horario de 10 a 13 horas poden pasar a recoller os vales. 

De NON poder facelo neste prazo, terán que recollelo nos primeiros días do mes de setembro.

 

CURSO 19-20

O VENRES 6 DE SETEMBRO CONVOCARASE A UNHA REUNIÓN INFORMATIVA ÁS FAMILIAS DO SEGUINTE ALUMNADO:

  • ALUMNADO DE 1º EP: 10:00h
  • 4º EI (3 ANOS): 11:00h
  • ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO: 12:00h

 

Avisarase previamente da hora de comezo da reunión.

O COMEZO DAS CLASES TERÁ LUGAR O 11 DE SETEMBRO DE 2019.

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019-2020

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 19-20.

 

AVISO IMPORTANTE:

AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS FÓRA DE PLAZO FORON REMITIDAS Á INSPECCIÓN EDUCATIVA, ONDE SERÁN VALORADAS POLA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN.

A RESOLUCIÓN NOTIFICARÁSE A MEDIADOS DE XULLO ÁS FAMILIAS SOLICITANTES.

 

PARA CALQUERA DÚBIDA OU ACLARACIÓN PÓÑANSE EN CONTACTO COA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 9:30- 14:30 OU NO TELÉFONO: 886 151 349

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 19-20

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 19-20.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: ATA O 2 DE MAIO INCLUÍDO.

PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA: DIA 14 DE MAIO.

 

PARA CALQUERA DÚBIDA OU ACLARACIÓN PÓÑANSE EN CONTACTO COA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 9:30- 14:30 OU NO TELÉFONO: 886 151 349

 

 

CALENDARIO DE ADMISIÓN CURSO 2019-2020

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

TEMOS O PRACER DE CONVIDARVOS A COÑECER O NOSO COLE

                           O PRÓXIMO MARTES 26 DE FEBREIRO ÁS 17:00

 

Eleccións ao Consello Escolar Novembro 2018

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE AS ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS DE ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

Estimadas nais/pais/titores legais:

De acordo co que establece a lexislación vixente, procederase á renovación parcial do Consello Escolar deste centro, que se fai cada dous anos.

1.-O CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO:

A  renovación do Consello Escolar 2018, segundo o lexislado, efectuarase da seguinte maneira:

* Representantes dos pais e nais: Elixiranse dous pais ou nais do centro.

* Representantes do profesorado: Renovaranse dous representantes do profesorado.

2.-REPRESENTACIÓN DOS PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS

* Son electores os pais, nais ou titores legais dos alumnos matriculados no centro.

* O censo de electores está exposto na entrada do centro e as candidaturas definitivas son as seguintes:

                                  1. IGLESIAS IGLESIAS-TORRADO, GLORIA.                                                

                                  2. MALVÁREZ LORENZO, IRENE.

                                  3. PAZÓ BARREIRO, IRIS.

                                  4. RODRÍGUEZ CEPEDA, VANESA.

                             5. VEIGA CIDRÁS, JENIFER.

* A elección farase ante a mesa electoral o 27 de novembro dende as 09:30 ata as 14:30 e dende as 17:00 ás 18:00.

* A mesa estará constituída pola Xefa de estudos ( Presidenta) e catro pais/nais designados por sorteo público que tivo lugar o 20 de novembro ás 14:15 no centro.

* O voto será secreto, directo e non delegable ( precísase o DNI). Non se admitirá voto por correo. Cada elector fará constar na papeleta un máximo de dous nomes. Nesta votación poderá votar o pai e a nai.

* Finalizada a votación, procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío á Xunta Electoral do centro.

Para máis información poñerse en contacto co centro.

Atentamente saúdaos en Seixo, 22 de novembro de 2018

 

A Xunta Electoral

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPÉCIFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2018-2019

Atendendo á normativa vixente, xa se pode solicitar a beca e axuda para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo para o curso 2018-2019. (BOE nº 196, martes, 14 de agosto de 2018)

O prazo de presentación de solicitudes: ABIERTO desde o 15 de agosto de 2018 ata o 27 de setembro de 2018.

Para máis información:

http://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha.html#dg

BOE nº 196

 

LISTAXES DEFINITIVAS SOLICITUDES FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 2018/2019

Por razóns técnicas e administrativas ás listaxes definitivas de solicitudes admitidas foron obxeto de modificacións.

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as listaxes definitivas actualizadas de solicitudes admitidas e excluídas no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXO 2018-2019 e a relación de libros adxudicados.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 2018/2019

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as listaxes das solicitudes admitidas e excluídas no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2018-2019.

O prazo de reclamacións será ata o martes, 3 de Xullo de 2018, este incluído..

A listaxe definitiva publicarase unha vez resoltas as reclamacións.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO -Axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2019-2020

Queda aberto o prazo para presentar as solicitudes do Fondo Solidario de Libros de Texto e axudas para adquirir material e libros de texto para o curso 2019-2020.

O prazo para presentar as solicitudes será ata o 21 de Xuño de 2019 (este incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

NORMATIVA REGULADORA:

 CONSULTAR ARCHIVOS ADXUNTOS

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL