Iniciar sesión: Acceso

Últimas novas

MEDIDAS ADOPTADAS ANTE A EVOLUCIÓN DA PANDEMIA DO CORONAVIRUS NO TERREO EDUCATIVO

Seguindo a resolución do 12 de marzo de 2020, pola que se adoptan medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, informamos dende o centro, que o próximo luns publicaremos un boletín de actividades xenéricas por cursos, que non serán avaliables.

No seu momento, cada mestre/a facilitará unha conta de correo onde podedes comunicarvos con eles/elas e solucionar as posibles dúbidas en horario lectivo de 9:30 a 14:30.

Non esquezades respetar as directrices dadas en canto a prevención para que se poida solucionar este problema no menor tempo posible.

Image result for recomendaciones para niños coronavirus boticaria garcia

CORONAVIRUS

¿Qué debes saber do novo Coronavirus?

 A través de este enlace: Libro do Coronavirus podedes falar desta situación cos máis pequenos. 

CALENDARIO PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-2021


 

CALENDARIO  PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO

 CURSO 2020/2021

 

Reserva de praza

Do 1 ao 17 de febreiro

 

Sorteo público desempate

26 de febreiro

 

Publicación de vacantes

Antes do 1 de marzo

 

Presentación solicitudes admisión

Do 1 ao 20 de marzo

 

Presentación documentación xustificativa

Do 23 de marzo ao 3 de abril

 

Publicación das listaxes provisionaisde admitidos e non admitidos

Antes do 25 de abril

 

Publicación das listaxes definitivas

Antes do 15 de maio

 

Formalización de matrícula en EI e EP

Do 20 ao 30 de xuño

 

VACANTES CURSO 2020-2021

XORNADA DE PORTAS ABERTAS- MARZO 2020

TEMOS O PRACER DE CONVIDARVOS A COÑECER O NOSO COLE

                           O PRÓXIMO MARTES 03 DE MARZO ÁS 17:30

RESERVA PRAZA CENTRO ADSCRITO -IES CHAN DO MONTE- curso 2020-2021

Atendendo ao disposto na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de Maio, de Educación, e  a Orde do 25 de xaneiro de 2017 que a modifica,ábrese o prazo de reserva de praza para aquel alumnado que desexe continuar estudos no IES Chan do Monte, centro ao que está adscrito o CEIP de Seixo.

 

 Deste xeito, o alumnado que pretenda continuar estudos no IES Chan do Monte, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no CEIP de Seixo ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) o formulario normalizado (ED550A), -modificáronse os formularios de solicitude, código ED550A, que foi aprobado como anexo I da Orde do 25 de xaneiro de 2017- entre os días 1 e 17 de febreiro de 2020.

Descargar formulario en galego aquí.

Descargar formulario en castelán aquí.

 

Para acceder a sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

 

Para calquera consulta estamos a súa disposición no horario de secretaría:

Luns, Martes e Mércores: 09:30-10:20 e 13:40-14:30

Xoves e Venres: 13:40-14:30

 

Nota: Aquel alumnado que vaia seguir estudos de secundaria nun centro distinto ao adscrito, recórdaselles que a presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo de 2020.

LISTAXES DE MATERIAIS CURSO 2019-2020

Neste apartado podedes consultar as listaxes do material para o curso 2019-2020.

A listaxe de material para o alumnado do ciclo de Educación Infantil será comunicada pola mestra titora de cada un dos cursos.

NOTA: Recórdase que no presente curso escolar 2019-2020 o CEIP de Seixo contará con AXENDA ESCOLAR propia.

 

INSCRICCIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 19-20

Adxuntamos a ficha de inscripción para o comedor no CEIP Seixo. Os usuarios deben completala e enviala directamente por email o antes posible a esta dirección de correo: info@arumeservicios.gal

Para comezar como fixo ou calendario de días en setembro normalmente deberíamos recibilas antes do 5/9. Seremos flexibles pero o ideal sería que as recibísemos todas antes do 5 ou 6 de setembro para poder preparar o mellor posible o arranque do comedor. Teña en conta que é necesario chegar a 10 usuarios para poder comezar o servizo en setembro.
Na ficha veñen explicadas as modalidades de contratación (fixo, calendario de días/turno laboral e Esporádico) e principais normas de funcionamento.
 
Pódese modificar a contratación avisándonos antes do 25 do mes anterior ao mes no que se quere facer o cambio.
Se teñen calquera cuestión, non dubiden en chamarnos ao 607634413 para aclarala.
Moitas grazas
Saúdos
 

LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES ADMITIDAS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

No arquivo adxunto pódese consultar a listaxe definitiva de solicitudes admitidas no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXO 2019-2020 e a relación de libros adxudicados.

Non existen solicitudes excluídas.

 

PRAZO DE ENTREGA PARA RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Unha vez publicada a listaxe definitiva, os días 10, 11 e 12 de xullo de 2019, en horario de 10 a 13 horas poden pasar a recoller os vales. 

De NON poder facelo neste prazo, terán que recollelo nos primeiros días do mes de setembro.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as listaxes das solicitudes admitidas e excluídas no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2019-2020.

O prazo de reclamacións será ata o Venres, 5 de Xullo de 2019, este incluído.

A listaxe definitiva publicarase unha vez resoltas as reclamacións.

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL