Historia
PUBLICACIÓN LISTADO PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
Enviado por admin o Mér, 09/12/2020 - 16:59
Seguindo as instruccións da CCEU, publícase no taboleiro de anuncios interior do centro as listaxes provisionais das solicitudes excluídas.
PUBLICACIÓN DA
LISTAXE PROVISIONAL E RECLAMACIÓNS
PRAZO DE RECLAMACIÓNS
- XOVES 10-12-2020
- VENRES 11-12-2020
PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Enviado por admin o Dom, 15/11/2020 - 11:45DIRIXIDO A ALUMNADO DE 1º A 6º DE PRIMARIA
Iníciase a tramitación de participación no procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020-2021 (código de procedemento ED330E).
a) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: o alumnado beneficiario de axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
c) O prazo de presentación de solicitudes (ANEXOS I E II máis documentación complementaria que se pode ver na orde no artigo 9) para o alumnado non beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, que cumpra as anteriores condicións será do día 16 de novembro ao 27 de novembro incluído.
d) Para a presentación de solicitudes no centro deben chamar con anterioridade ao teléfono: 886 151 350 para concertar a entrega da documentación en SECRETARÍA e evitar aglomeracións seguindo o protocolo Covid. Horario de PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
Descargar impreso para a solicitude, e ver a documentación complementaria (ARTIGO 9) que hai que achegar, nos seguintes documentos adxuntos...
TAMÉN PODEDES SOLICITAR OS IMPRESOS AOS TITORES (AXENDA-ABALAR) E SERALLE ENTREGADO AO NENO/A.
LISTAXE MATERIAL CURSO 2020-2021
Enviado por admin o Lun, 07/09/2020 - 17:13
Neste apartado podedes consultar a listaxe do material para o curso 2020-2021.
A listaxe de material para o alumnado de Educación Infantil será comunicada polo mestre/a titor/a de cada un dos grupos.
SEGUIMENTO DOS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES E COMUNICACIÓN CO ALUMNADO E FAMILIAS
Enviado por admin o Lun, 16/03/2020 - 14:54Picando na seguinte imaxe poderedes ver unha listaxe de todas as direccións de correo electrónico do profesorado do cole así como os diferentes teléfonos de interese habilitados para esta alerta sanitaria na que nos atopamos.
Lembrade que poderedes enviar os correos electrónicos que estimedes oportunos para establecer comunicación con cada un dos profes.
Dentro do horario lectivo habitual, de 09:30 h. a 14:30 h., contestaranvos a todas as dúbidas que plantexedes e darannvos toda a información que requirades.
WEB DO CEIP SEIXO
Enviado por admin o Sáb, 10/12/2016 - 02:20Moi benvidos todos á páxina web do noso centro!
Non vos perdades as últimas novas na caixa de Información
(na columna da esquerda),
e visitade os nosos blogues para estar ao tanto de todo
o que sucede no cole,
UN COLE QUE GOZA APRENDENDO!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4