Iniciar sesión: Acceso

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022-2023

OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN:

  • Establecer o novo calendario para a elección dos representantes de familias e profesorado.

CALENDARIO DE ELECCIÓNS:

  • A Xunta Electoral establecerá o calendario
  • A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e o 8 de novembro.
  • O prazo de admisión de candidatas/os non deberá ser inferior a 7 días naturais
  • Votacións: Entre os días 23 e 29 de novembro de 2022

MEMBROS A RENOVAR:

  • Familias: 2 por un período de 4 anos
  • Profesorado: 2 por un período de 4 anos

É importante que haxa membros suplentes para que (no caso de baixas) estean todos os sectores representados dacordo coa normativa.

SORTE DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL:

  • VENRES 21 DE OUTUBRO DE 2022 ÁS 09:30 HORAS NA SALA DE MESTRES DO CENTRO.
  • SERÁ PÚBLICO CONTANDO CUN MEMBRO DE CADA SECTOR A RENOVAR.

NOVA ORDE DE AVALIACIÓN – PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2021-2022

Segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia e seguindo a disposición transitoria cuarta da cita orde, os centros educativos dispuxemos dun prazo de 2 meses para adaptar a concreción curricular e adecuala aos cambios normativos na avaliación, promoción e titulación.

Feitos os cambios necesarios, e tras seren tratados na CCP do día 10 de maio e ratificados no CLAUSTRO EXTRAORDINARIO dese mesmo díal, a través desta entrada queremos facer públicos os citados cambios.

Cambios que este curso escolar só afectan á etapa de educación primaria e só no aspecto relacionado coa avaliación: Punto 7 DE CADA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. (VER ANEXO ADXUNTO)

Picando na seguinte imaxe poderedes acceder ás PROGRAMACIÓNS adaptadas a esta nova normativa cos cambios validados por inspección:

 

ACTUALIZACIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2022-2023

TAMÉN PUBLICADAS E RECTIFICADAS

NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO 

HORARIO DE VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

IMPORTANTE

- Para poder exercer o dereito a voto deberá presentarse o DNI ou documento similar. 

- En cada papeleta deben marcarse 2 candidatos.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: NAIS, PAIS, TITORES LEGAIS

Do 9 de novembro ao 16 de novembro todos aqules que o desexedes poderedes presentar candidaturas.

Só tendes que cubrir o modelo e entregalo no despacho de dirección do centro.

 PREME NA IMAXE

PARA DESCARGAR O MODELO

CALENDARIO ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 PICANDO NAS IMAXES

ACCEDEREDES AO DOCUMENTO COMPLETO

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021-2022

 

OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN:

  • Establecer o novo calendario para a elección dos representantes de familias e profesorado.

- CALENDARIO DE ELECCIÓNS:

  • A Xunta Electoral establecerá o calendario
  • A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e o 5 de novembro.
  • O prazo de admisión de candidatas/os non deberá ser inferior a 7 días naturais
  • Votacións: Entre os días 22 e 26 de novembro de 2021

 - MEMBROS A RENOVAR:

  • Familias: 3 por un periodo de 3 anos
  • Profesorado: 3 por un periodo de 3 anos

É importante que haxa membros suplentes para que (no caso de baixas) estén todos os sectores representados de acordó coa normativa.

 - SORTE DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL:

  • O MARTES 19 DE OUTUBRO DE 2021 ÁS 09:30 HORAS NA SALA DE MESTRES DO CENTRO.
  • SERÁ PÚBLICO CONTANDO CUN MEMBRO DE CADA SECTOR A RENOVAR.

PLAN DE CONTINXENCIA - CURSO 2021/22

O Plan de Continxencia ten por finalidade establecer os procesos para o reinicio das clases presenciais no caso de que se teñan interrompido como consecuencia da aparición dun gromo.

Adxuntamos a última versión do plan, actualizado a partir da última versión do “Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022” publicado o 1 de outubro de 2021.

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

LISTADOS MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA CURSO 2021-2022

 

Bo día familias:

Por aquí vos deixamos, en arquivos adxuntos, os diferentes listados de material escolar das aulas de primaria para o presente curso.

Como xa é costume o cole facilitaralles a cada nena e neno unha AXENDA ESCOLAR así que non fai falta que merquedes outra.

Este ano temos unha novidade, o alumnado de Infantil tamén vai ter a súa propia AXENDA ESCOLAR.

En canto ao material que se vai precisar na Etapa de Educación Infantil dicirvos que as titoras xa vos van informar, do que se vai precisar, nas reunións de comezo de curso as que seredes convocados proximamente.

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL