Iniciar sesión: Acceso

Documentación

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID19

Queridas familias:

Aquí deixámosvos o enlace a unha nova versión do Plan de adaptación á situación COVID19. Ten pequenas modificacións sobre o primeiro, e seguro que non será o último, xa que é un documento aberto e flexible que, a partir dunhas medidas establecidas, se vai adaptando ao día a día no centro e ás necesidades que van xurdindo.

Tamén adxuntamos todos os anexos que inclúe o plan, que é onde hai máis cambios, xa que se inclúe o protocolo da biblioteca e do comedor.

Ademais, para facilitar a súa consulta, na columna dereita da páxina web, arriba de todo, deixámosvos unha imaxe cun enlace directo.

Recordámosvos a importancia de, entre todos, cumprir as medidas de hixiene e seguridade que marca o plan, elaborado a partir dos protocolos de educación e sanidade, o obxectivo, en todo momento, é a seguridade dos vosos fillos e fillas, e tamén a boa marcha do curso que, a pesar do virus, desexamos sexa un bo ano para todos e todas: alumnado, profesorado e familias.  

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 3º TRIMESTRE CURSO 2019-2020

Seguindo as "Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia", adáptanse as programacións didácticas do 3º trimestre do curso 2019-2020 das ensinanzas correspondentes as dúas etapas do centro: infantil e primaria.

Publicamos na Web do Centro éstas adaptacións, quedando  á disposición de toda a comunidade educativa para garantir a súa publicidade.

Estas poden presentar modificacións mentres non sexan aprobadas pola Inspección Educativa, as cales serán comunicadas, de ser o caso, ás familias.

 

Adaptación Programación Didáctica Educación Infantil

 

Adaptación Programación Didáctica Educación Primaria

 

A Dirección

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL