Skip to Content

 

                           

Día do Libro

Esta semana tamén celebramos o día do libro facendo este mural tan bonito elaborado polo noso alumnado!

Ademais dunha pequena exposición das recomendacións que eles mesmos fixeron. 

Actividade Proxecta

Como parte do programa educativo multidisciplinar Vexo, veo Xacobeo no que estamos a participar cuxa finalidade é a de achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.  Esta semana o alumnado de Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria disfrutou dunha actividade ligada a esta temática da man de Anxo Moure.

Fixeron unha visita por Pedrafita do Cebreiro e despois un pequeno tramo do Camiño de Santiago ata Liñares, xa vedes que están feitos uns grandes peregrinos. 

 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Vexo, veo Xacobeo

Visita a El Progreso e MIHL

A pasada semana os alumnos de 3º e 4º de E. Primaria fixeron unha saída para visitar El Progreso, o MIHL e ata lles quedou tempo de pasar un anaquiño de tempo de ocio.  Pasárono xenial! 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Saída Progreso/MIHL

8M

O pasado 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller.  No centro fixemos homenaxe a algunhas das mulleres máis especiais das nosas vidas e da nosa cultura.  Agardamos que vos gusten os traballos que elaboraron os nosos grandes artistas! 

Álbum: CURSO 2022/23 -> 8M

Día de Rosalía de Castro

Un ano máis, o día 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro e nós aproveitando os últimos días de Entroido, fixemos estas máscaras para ser Rosalía por un día. 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Rosalía de Castro

Entroido

Este ano por fin puidemos celebrar o Entroido como se merece, moitos xa nos puidestes ver pero para os que non aquí vos deixamos unha pequena mostra. Agardamos que vos guste tanto como a nós! 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Entroido
Distribuir contido


by Dr. Radut