Skip to Content

 

                           

Novas

Recollida de notas e documentación

 

 RECOLLIDA DE NOTAS E DOCUMENTACIÓN

 

Debido ao COVID19, é necesario manter a distancia de seguridade interpersoal, respectar as quendas, aplicar á entrada o xel hidroalcóholico e uso obrigatorio de mascarillas.

 

O persoal docente organizará a entrega con todas as medidas de seguridade, polo que se prega que sexa un ADULTO o que recolla toda a documentación.

 

XOVES DÍA 18

 

  • RECOLLIDA DE BOLETÍNS
  • SOLICITUDE DE COMEDOR 

 

10:00 a 11:00

4º de Ed. Infantil

11:00 a 12:30

5º de Ed. Infantil

  

VENRES DÍA 19

 

  • RECOLLIDA DE BOLETÍNS 
  • HISTORIAL ACADÉMICO
  • E ENTREGA DE ORDENADORES

 

11:00 a 12:00

6º de Ed. Primaria

  

LUNS DÍA 22

 

  • RECOLLIDA DE BOLETÍNS
  • SOLICITUDE DE COMEDOR
  • VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
  • ENTREGA DE LIBROS DE 4º
  • ENTREGA DE ORDENADORES DE 5º

 

 

PORTA DE INFANTIL

PORTA DE PRIMARIA

10:00-11:00

6º de infantil

3º de primaria

11:00-12:00

1º de primaria

4º de primaria

12:00- 13:00

2º de primaria

5º de primaria

Recollida de material

- Lembrarvos tamén que podedes pasar polo centro á recollida dos impresos do comedor do mes de marzo.

 

Aprendemos na casa

As mestras do CEIP San Xoán animan aos seus alumnos a ver os vídeos que facilitan desde CLAN, xa que son un repaso do material curricular visto ao longo do curso.  Unha maneira de repasar todos o mesmo e sentirnos un pouco máis unidos dende a casa. 

 

 

Serán cinco horas diarias de clase que se emitirán polas mañás de 9:00-14:00, podedes consultar o horario aquí.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) puxo en funcionamento, xunto coa Radio Televisión Española (RTVE), “Aprendemos en casa”, unha iniciativa como xa dixemos dirixida ao alumnado de Ed. Primaria que pretende facilitar o aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva presencial motivada polo estado de alarma decretado polo Goberno para conter a propagación do COVID-19.

Lecturas recomendadas

Para esta Semana Santa non vos esquezades de pasar un pouquiño do voso tempo lendo para entretervos e poñer a traballar a vosa imaxinación, aquí vos deixamos unhas lecturas que vos recomendamos para estes días.  Podedes descargalas picando enriba do título. 

Información sobre a 2º Avaliación

Estimadas familias:
 
En virtude das instruccións recibidas por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, establécense as seguintes indicacións de cara á formalización da 2ª avaliación do presente curso 2019/2020:  
1. A efectos de dar continuidade ao calendario escolar, o claustro de mestras do CEIP San Xoán procederá a formalizar esta semana o peche da avaliación do segundo trimestre do presente curso académico 2019/2020. 
2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, o peche da avaliación do segundo trimestre formalizarase co traballo desenvolvido ata o 13/03/2020, incluido.
3. Debido ao estado de alarma e a conseguinte situación de confinamento na que nos atopamos, non se poderán entregar os boletíns de notas presencialmente. 
 
Lembrade que podedes consultar os datos dos/as vosos/as fillos/as a través da aplicación Abalarmóbil (tedes as instruccións máis abaixo)
Distribuir contido


by Dr. Radut