Skip to Content

blogue deadmin

FINALISTAS DE "FAIME RIR"

Xa temos as e os finalistas de San Pedro de Visma do concurso intercentros "FAIME RIR".

Aí van os vídeos.

Infantil

1 Cío Bello 
 
 
2 Enzo Grille
 
 
3 Valentina Regueiro 
 
 
 
1º e 2º de Primaria.
 
4 Felipe de la Rosa
 

 5 Raul López

 
 6 Valeria Castrillón
 
 
3º e 4º de Primaria
7 Helena París
 
 
 
 8 Manuela Regueiro
 
 
 9 Pablo Rodríguez
 
 
5º e 6º de Primaria
 
10 Alba García
 
 
11 Sabela París
 
 
12 Uxía Díaz
 

FESTA DE ENTROIDO

Que ben o pasamos na festa de entroido.

Disfrazado e disfrazadas de choqueiros, pexeiras, xogadores do Depor, Torres de Hércules, María Pita... fixemos un pasarrúas polo barrio e despois baile no colexio.

Viva o entroido!!! 

MANDADIÑOS DO MECO

En Visma xa estamos preparados para o entroido.

O meco anda facendo das súas e xa ten preparados os seus mandadiños.

Preme na imaxe e descobre o que nos ten preparado.

 

RECICLAR, RECICLAR E RECICLAR!!

Os nenos e nenas de Valores sociais e cívicos de 2ºA fixeron este rap para concienciarnos  da importancia  da reciclaxe e de manter a nosa contorna limpa.

Eles e elas o saben moi ben, só temos un planeta e temos a obriga de coidalo.

Bo traballo nenos e nenas!!! 

 

RESERVA DE PRAZA PARA CONTINUAR ESTUDOS NO IES ADSCRITO AO CENTRO NO CURSO 2023/24

Desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, ambos incluídos, estará aberto o prazo para realizar a reserva de matrícula no IES Rafael Dieste (instituto adscrito ao noso centro) para o curso 2023/24 por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria.

A reserva poderá realizarse dos seguintes xeitos:

1. Entregando a solicitude na secretaría do centro.

             Descarga o impreso de solicitude: GALEGO e CASTELÁN 

             Impreso on-line https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

2. Presentando a solicitude a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

A listaxe de alumnado admitido publicarase antes do 28 de febreiro no propio centro e na aplicación "admisionalumnado".

Consulta toda a información premendo en https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

Roteiros do segundo trimestre

 

 

Roteiros do primeiro trimestre

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO NOVO

 

Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos desexarvos a todas e todas un bo Nadal e un próspero ano 2023!!!

Boas festas!!!

Conmemoración do Día da Discapacidade

Hoxe no cole celebramos o Día da discapacidade, que se conmemora mañá, 3 de decembro. 
 
Tivemos dúas visitas: por un lado "Cofi y su mundo" (para Infantil e algúns cursos de Primaria), coa maravillosa Yoli e a súa inseparable Cofi , quen nos achegaron á Lingua de signos (LSE) e , por outro lado, a Felipe e Marisé, da ONCE, quen nos amosaron outra forma de "ver" o mundo.
 
 
 
 
Moitas grazas por compartir as vosas experiencias con nós e ensinarnos que hai moitas maneiras de disfrutar da vida.
 
Ata pronto!
 

VOTA POLA MELLORA DO NOSO PAVILLÓN

Gracias ao apoio de todos e todas conseguimos pasar á segunda e derradeira fase dos Orzamentos participativos do Concello de A Coruña.

Temos que facer un último esforzo para conseguir o pabillón polideportivo que se merecen os nenos e nenas de Visma, o barrio e os clubes deportivos que empregan a instalación. 

Podes consultar o estado actual do pabillón: fotos e vídeo.

VOTA polo noso pabillón premendo AQUÍ e comparte!!! 

Entre todos e todas o podemos lograr!!!

Derradeiro día para votar, 30 de novembro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut