Skip to Content

AULA DE DIEGO

PREPARAMOS A VISITA Á BIBLIOTECA DA SAGRADA FAMILIA

Na clase estamos preparando a saída que faremos o xoves  á Biblioteca Municipal da Sagrada Familia. Para elo estamos pensando qué libros nos gustaría atopar alí. Un deles é o de "Elmer", e hoxe na biblioteca do cole estivemos vendo o vídeo do conto, e agora o  queremos compartir con todos/as.

NOVAS

Hoxe estamos mui ledos/as, porque chegounos unha carta  chea de bicos dun paxariño que se chama Ole e vive na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia, e nos convida a ir de visita o vindeiro 19 de abril, casi o Día do Libro. Agora temos a carta na cortiza da aula para non esquecer a data á volta das vacacións.

BENVIDA

Benvidos/as a web do noso Centro, para empezar aquí tedes o horario da nosa aula:

Distribuir contido


by Dr. Radut