Xa rematamos a ALBUM DO NOME. Como xa sabedes polo Blogue co colexio cada libriño é o resultado de moitas actividades previas que fixemos todo o curso: actividades de asamblea cos carteliños dos nomes, actividades coa PDI…
Durante todo o curso a mascota "Juanita" acompañou aos nenos/as na actividade "Enseñar a pensar". Ca axuda dos maiores da escola cada un fixo unha xoaniña con material de reciclaxe. Este é o resultado:
Hoxe na clase de inglés houbo teatriño do conto" A princesa e a rá". Podedes ver a foto do decorado e xa iremos poñendo algunha fotiño dos nenos/as cas marionetas.
Hoxe rematos os actos do 25 aniversario do colexio cun obradoriro da obra O Peizoque Roque ( un paporrubio que come palabras e picotas) da autora Dores Tembrás. Tembrás ao rematar agasallóunos un Peizoque para a aula para que o vaiamos alimentando con novas palabras segundo vaiamos aprendendo a ler.
Hoxe Alba e Hadrián viñeron ataviados con bufanda e pantalón do Dépor para celebrar o ascenso. Podedes ver a foto na compaña de Papelote ca súa bufanda tamén.
Hoxe tivemos un día un pouco "tolo" porque había moita ledicia polo asceso do Deportivoa a división de honra. Algúns nenos viñeron cas camisetas do equipo. Papelote non quixo ser menos e puxo unha bufanfa do Dépor.