Actividades
Visita de Carlos Solla
"Contos Envasados" - Generación Eco
Durante este curso formamos parte da "Generación Eco" que ten como obxectivos a sostibilidade e a redución do impacto ambiental.
Participamos no reto "Pensando en vidrio" do programa Ecovidrio realizando a actividade "Contos envasados" na que xuntamos a reciclaxe de vidro e A Biblio da Toña.
Así cada grupo de alumnos escolleu o conto que máis lle gustaba e deulle vida en 3D. Sabedes que conto é cada un dos botes?
Lembra... Reduce, reutiliza e recicla!
Letras Galegas 2024
Hoxe celebramos o día das Letras Galegas 2024. Como ben sabemos todos, este ano adicóuselle a Luísa Villalta. É por iso que desfrutamos de Manuela Contacontos co seu espectáculo "As verbas de Luísa". A continuación, visualizamos todos os RAPs participantes no noso concurso e entregamos os premios aos gañadores!
Queres ver os RAPs do noso alumnado? Aquí os tes!
Tamén vos deixamos un pequeno resumo do día de hoxe...
Taller de escritura creativa
Este venres achegouse ata o cole Mariluz Pascual para facer co alumnado de 5º e 6º un taller de escritura creativa. Non só traballaron sobre o papel, tamén fixeron dinámicas de grupo, convertéronse en chefs... Para rematar elaborando un menú fantasmal!
Dende o centro agradecemos enormemente a visita e desexamos que volva!
Concurso de rap: Letras Galegas 2024
O próximo 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas, por iso, dende a Biblio da Toña en colaboración cos departamentos de música e lingua galega organizamos un Concurso de rap.
- Quen pode participar? Todo o alumnado do centro! Dende Ed. Infantil ata Ed. Primaria.
- Que hai que facer? Escribir un poema en galego e engadirlle ritmo de rap. Pódese facer indiviualmente ou en parellas.
- Como participar? Envía o poema escrito e o vídeo ao email do cole antes o día 20 de maio.
Esperamos os vosos vídeos!
Actividades da Semana do Libro 2024
Celebramos a Semana do Libro con actividades diversas. Aquí vos deixamos unha mostra delas!
"A Fraga de Pasacorrendo"de Carmen Penim
Onte tivemos a visita da gran Carmen Penim co contacontos musicado "A Fraga de Pasacorrendo". Fantástica xornada na que o alumnado de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria desfrutou escoitando os contos e cantando as cancións do libro. Moitísimas grazas pola túa visita, Carmen!
Preme na imaxe para ver o vídeo.
Nova visita da Furgoteca con Carmen Penim
O martes 7 de novembro contamos novamente coa marabillosa visita da Furgoteca e, esta vez, vén acompañada da incrible Carmen Penim que nos fascinará co seu contacontos musicado "A Fraga de Pasacorrendo". Estamos desexando vela para desfrutar da súa interpretación!!!