Día das Letras Galegas 2020/2021

Actuacións do alumnado no día das Letras Galegas

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DO CURSO 2021-22

PRAZO ABERTO: do 1 ao 22 de marzo

rosalia 

Para solicitar a admisión hai que facer o seguinte:

 

- Entregar o Anexo II con cita previa chamando ó teléfono 988417003.

 

- Traer o libro de familia e a cartilla de vacinas do/-a neno/-a.

 

- En caso de separación ou divorcio, fotocopia de sentenza xudicial onde conste a custodia do/da menor e firma de ambos proxenitores.

Panxoliñas do festival de Nadal 2020

Prezadas familias, aínda que este ano non poidemos celebrar o Festival de Nadal convosco, querémosvos facer partícipes achegándovos o enlace á conta de YouTube do colexio, na cal atoparedes unha listaxe de reprodución coas panxoliñas deste ano. 

Para acceder, podedes facer click aquí.

 

Unha aperta e Bo Nadal!

BANCO DE ALIMENTOS

O colexio, colaborando coa AMPA, colabora na recollida de alimentos non perecedeiros (agás legumes). Todo alimento que se quiera entregar, pode ser deixado no colexio. O prazo máximo de entrega será ata o venres 18 de decembro

Distribución de máscaras

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 

Info

Para calquera dúbida, podédesvos por en contacto coa dirección do centro.

CALENDARIO ESCOLAR 20/21

Para descargar o calendario escolar prema AQUÍ

REUNIÓN CAS FAMILIAS

Infórmase ás familias co MÉRCORES 9, ás 11:00h. haberá unha reunión informativa de inicio de curso no patio do colexio.

Debe vir un só membro da familia sen nenos ou nenas a poder ser. 

Lista de libros para o curso 2020-2021.

No documento adxunto podedes ver cales serán os libros para o vindeiro curso.

Un saúdo.

Solicitude de servizos transporte e comedor.

RENOVACIÓN/ SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE

 

O vindeiro luns 29 de xuño o centro estará aberto en horario de mañá (10 a 2) para facer as solicitudes dos servizos de transporte e comedor. 

Tedes como documentación adxunta os impresos que debedes entregar cubertos e asinados, se tedes a posibilidade de traelos xa cumprimentados agradécese xa que axiliza o proceso. En caso contrario, no centro darémosvos os impresos e axudarémosvos a cubrilo. Recordade que para cubrir correctamente estes documenteos debedes coñecer con exactidude os ingresos do 2019.

A documentación necesaría é a seguinte:

 SOLICITUDE DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (coa autodeclaración dos ingresos do 2019).

DECLARACIÓN RESPONSABLE ( non fai falta que presentedes o certificado de empadroamento se non cambio a situación con respecto ao curso pasado).

Axudas para material e fondo de libros.

Comezou o prazo para solicitar axudas para material e os libros do fondo de libros.

 

Os que queirades podedes consultar a orde no seguinte enlace:

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

Información Importante.

 

Prazos: comezou onte mércores 22 de maio e remata o 19 de xuño.

 

Documentos necesarios:

 

Anexos I e II.

Fotocopia do DNI

Copia do Libro de familia.

Algún outro documento, se é o caso: (certificado de discapacidade, familia numerosa...)

 

Dende o colexio RECOMENDAMOS que veñades ao centro realizar os tramites xa que asi xa podemos comprobar se están todos os documentos necesarios e todo debidamente cumprimentado.

 

O próximo luns 25 de maio o centro estará aberto en horario de 10:00 a 15:00 para realizar estos trámites. Establecemos unha orde para evitar a concorrencia de persoas no centro.

 

1º,2º e 3º de EP de 10:00 a 12:00 preferentemente.

4º,5º e 6º de EP de 12:00 a 15:00 preferentemente.

 

Esto son indicacións xerais, no caso de que este horario non sexa compatible para vos vide cando poidades, pero se podedes respetádeo.

 

Recordamos que se debe acceder ao centro respetando as medidas de hixiene e de distancia de seguridade que se atopan actualmente en vigor.

 

Segundo as vosas necesidades, iranse poñendo máis días ata que todo o mundo complete este trámite.

Distribuir contido