Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021 NORMATIVA

SUSPENSIÓN DA MATRÍCULA DE OPOSICIÓNS E PROCESOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento.

O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021

 

NORMATIVA

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2020-2021 ven regulado pola seguinte normativa:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro de 2012), que regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

Orde do 12 de marzo do 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a orde anterior.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día 1 de marzo ata o 20 de marzo.

 

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

 

  • Informe médico.
  • Fotocopia do DNI do pai, nai e persoas computables da unidade familiar, cando se denegue a consulta telemática.
  • Fotocopia da tarxeta do seguro médico.
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Certificado de convivencia expedido polo Concello que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar .
  • Fotografía tamaño carné do alumno/a.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial en caso de separación xudicial ou divorcio.
  • Documentación acreditativa de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do ANEXO II.

Nota: A solicitude deberá ser asinada por calquera dos titulares da patria potestade. Será preciso, non obstante, a sinatura de ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio (agás que a patria potestade lle fose atribuída a un deles exclusivamente).

 

FORMA DE PRESENTAR O IMPRESO PARA SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

O IMPRESO PARA SOLICITUDE DE ADMISIÓN, ANEXO II FORMULARIO NORMALIZADO ED550B, cuberto e presentado coa documentación requerida no centro.Poderán descargar o impreso no apartado PAIS/NAIS situado a esquerda, desta páxina,  concretamente no apartado IMPRESOS E SOLICITUDES DE INTERESE, o nº 3. e traelo cuberto ao centro.ANEXO II(ED550B), en galego ou castelán.

Tamén teñen a opción de presentar a solicitude a través de:

SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA.

APLICACIÓN ADMISIONALUMNADO.

 

Lembrade que esto só é solicitude de admisión e que a formalización de matrícula farase en xuño, coa entrega de documentación requerida polos titores.

 

 

 



page | by Dr. Radut