Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Decembro 2020

Mensaxe descifrada!

Despois de moito traballo fomos capaces de descifrar a mensaxe que nos enviou Teo para así poder ver a película deste Nadal! O resultado foi atoparnos coa canción de O Apalpador de Mamá Cabra.

 

 

 

 

 

Xa estamos de volta coa revista Andoriña!

Recén saída do forno! Esperamos que desfrutedes coa revista. Pincha na imaxe para acceder ou descárgaa pinchando no adxunto.

Nadal en Randufe

Con este vídeo pretendemos felicitar as festas tanto aos nosos compañeiros e compañeiras doutras aulas como a toda a comunidade educativa. Aínda que non esteamos tan xuntos como nos gustaría, sentimos a vosa cercanía.

Unha aperta e felices festas!

Recomendacións lectoras de Nadal

Como todos os anos, o equipo da biblioteca creou unhas recomendacións lectoras para facilitar a vosa escolla neste Nadal. Non hai mellor agasallo ca un libro!

Pinchade no enlace adxunto para acceder.

 

NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA

Ola de novo rapazas e rapaces do Ceip de Randufe!

Aquí vos presentamos as últimas novidades chegadas á nosa Biblioteca.

Se vos gusta a natureza estades de sorte, hai libros moi interesantes para ampliar os vosos coñecementos. 

Tamén hai libros sobre Galicia, libros con cancións, con chistes e con divertidas e intrigantes historias. 

Botade unha ollada ao andel!

Seguro, seguro que vos gustarán!

Como conseguir as entradas do cinema na biblioteca

Ola! Lembrádesvos de min? Son Teo, e se queredes saber como ver a película que temos preparada para este Nadal, seguide as instrucións que aparecen no seguinte vídeo. Vémonos!


 

RECURSOS PARA O NADAL

Deixámosvos uns recursos para utilizar nestas datas. Esperamos que vos gusten. Pinchade na imaxe para acceder.



by Dr. Radut