Skip to Content

Conmemoracións

8 DE MARZO, DIA INTERNACIONAL DA MULLER

8 de marzo Día Internacional da Muller. Actividade: a Muller da miña vida é ...

ENTROIDO 2020

Este curso o tema dos nosos disfraces de Entroido foi o proxecto Xeoparque Montañas do Courel.

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da paz e a non violencia.

CONTACONTOS IGUALDADE: Raquel Queizás

Hoxe tivemos a visita da contacontos Raquel Queizás, que coa presentación do espectáculo “Somos iguais. Contos pola Igualdade” fixo a delicia dos nosos nenos e nenas. Esta actuación foi financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con fondos do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

Carreira Solidaria "Save the Children"

O noso colexio leva 12 anos colaborando coa ONG “Save the Children” a través dunha carreira solidaria na que participan os nosos alumnos e alumnas e que financian as familias. Dita carreira foi o pasado venres 31 de xaneiro, e formou parte das actividades programadas para conmemorar o Día da Paz. Grazas as familias pola súa colaboración, tanto neste evento como en todos os que organizamos con fines solidarios.

VISITA AO CENTRO DE MARÍA E BEBE DE "MIRADAS AL MUNDO"

Onte, día 27 de xaneiro,estiveron no colexio María Martínez e Bebe da ONG “Miradas al Mundo” coa que o colexio ven colaborando hai tres anos cun mercadiño solidario que celebramos o Día de África, 25 de maio.

CONTACONTOS IGUALDADE: U-LA LÚA

O luns, día 20 de xaneiro estivo no nosa biblioteca a contacontos Celtia Figueiras da compañía de títeres A Xanela de Maxín. Contou a todo o alumnado o conto “U-la Lúa” do que é autora. Foi unha actividade coa temática de Igualdade e subvencionada pola Xunta de Galicia a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Foi unha actividade marabillosa, a contacontos estivo xenial e os nosos nenos e nenas encantados. Traballando a educación en valores dunha manera lúdica e divertida.

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, día 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das persoas con discapacidade. Con este motivo as alumnas e alumnos de quinto e sexto de primaria realizaron unha serie de actividades na biblioteca do centro, dirixidos por Sara, xefa de estudos e mestra de pedagoxía terapéutica do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut