Skip to Content

Conmemoracións

LETRAS GALEGAS 2021. ADIÓS RÍOS, ADIOS FONTES (LSE)

Con motivo do Día das Letras Galegas, o alumnado de primeiro e segundo de primaria e os seus mestres e mestras interpretan “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro, en lingua de signos!! Bravo por eles/as!!


DÍA DA POESÍA: UN TERRITORIO DE POESÍA

BOAS NOTICIAS NO ANO DA COVID19 (SEMANA DA PRENSA)

A semana do 8 ao 12 de marzo os centros educativos conmemoramos a Semana da prensa. Coincidindo co aniversario do comezo dun dos anos máis difíciles que recordamos, o alumnado do CEIP de Quiroga fixo unha recompilación de boas noticias cheas de alegría e esperanza, porque este ano tamén houbo boas novas! Premede na seguinte imaxe para ver o xornal.

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase este día dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. Neste día os centros de ensino comprométense como defensores da paz e entendimento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Hoxe o CEIP de Quiroga tiña programada a carreira solidaria coa ONG Save te Children.

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2020

Actividade proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020. Se as familias non dispoñen de impresora, poden enviar o texto ou o debuxo nun folio, escaneado ou por fotografía. Poden envialo ao mail das súas titoras ou ao do colexio: ceip.quiroga@edu.xunta.gal. O prazo é ata o día 8 de maio.

INFANTIL

PRIMARIA

SEMANA DA PRENSA: O CEIP DE QUIROGA NOS XORNAIS (9-13 de marzo)

Semana da prensa do 9 so 13 de marzo. O CEIP de Quiroga nos xornais ao longo dos anos. Aquí tedes unha mostra, pero hai moito máis. Premer na imaxe para ver as fotos

                                          

8 DE MARZO: DINÁMICA DE IGUALDADE

Actividades de igualdade para conmemorar o Día Internacional da Muller. Dinámicas de Igualdade cos cursos de quinto e sexto de primaria, na biblioteca do centro, con Eva Ferreira. Premer AQUI para ver as fotos da actividade

Distribuir contido


by Dr. Radut