Skip to Content

Igualdade - IGUÁLA-T

CONTACONTOS O TESOURO

Hai uns días o alumnado de 5º de primaria, dun contacontos"O Tesouro", dentro das actividades de igualdade do concello.

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Hoxe 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o noso alumnado reflexionará sobre o que pensamos que é a  igualdade.

Ademais os compañeiros da biblioteca realizarán unhas contadas especiais, xa que será o alumnado de 5º e 6º os que lle lerán aos seus compañeiros.

 

Visita da Conselleira de Emprego e Igualdade ao noso centro - Plan Proxecta: Donas de si

oxe, martes 30 de xaneiro, a conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, xunto con outras autoridades, visitou o noso centro para poñer de relevo a importancia do Plan Proxecta - Donas de si como unha serie de accións sensibilizadoras entre o alumnado do papel relevante da muller galega na sociedade actual.

Despois de visitar algunhas instalacións do centro e comprobar como a igualdade é un contido transversal que traballamos no centro, con produtos que se van incorporando aos diversos corredores (A muller máis importante para min é...; O mural Donas de sí adicado a Maruja Mallo; exposicións de libros da biblioteca inclusiva...) , dirixiuse á biblioteca, onde catro alumnos/as de sexto de primaria contaron o conto"Vivan las uñas de colores" a alumnado de primeiro de primaria e ás propias autoridades. O alumnado disfrutou do excelente traballo dos contacontos e a sesión foi moi produtiva.

Queremos agracecer ás autoridades o seu interese polo traballo que se está a desenvolver no centro neste aspecto e todos os membros da comunidade educativa pola súa implicación e colaboración

 

.

Álbum: Curso 2023-24 -> Donas_de_si_actividade

Donas de si

Este ano participamos no plan Proxecta Donas de si.  O alumnado de 3º recibiu a visita de Enrique Mauricio e de Tania Solla que lles contaron a vida de Maruja Mallo e lles ensinaron a debuxar como auténticos profesionais.

Álbum: Curso 2023-24 -> Donas_de_si_terceiro

Donas de si 2023

Este ano volvemos a participar no programa Donas de si, dende o cole queremos visibilizar a igualdade de xénero. Este ano reflexionamos sobre aquelas mulleres importantes na nosa vida.

 
 

Campaña de concienciación sobre o TEA

Con motivo da conmemoración do día mundial do Trastorno de Espectro Autista, o pasado 2 de abril, elaborouse este vídeo xunto co alumnado do IES 12 de Outubro. Unha nova colaboración de Pontes de Igualdade co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a importancia do respecto e a convivencia.

8 de marzo - Día Internacional da Muller - Marta Míguez

Durante estes días, para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o alumnado do noso centro traballou nas clases temas de igualdade entre homes e mulleres. Ademais, desde Nadal, estamos a desenvolver un proxecto de estudo do noso barrio chamado "A nosa contorna".

Unindo ambos proxectos, visitounos a atleta ourensá Marta Míguez, campioa de España de lanzamento de xabalina e primeira española nesta especialidade atlética que participou nos Xogos Olímpicos da XXVII Olimpíada celebrada en Sidney (Australia) no ano 2000.

Todo o alumnado do colexio participou nunha conferencia adaptada ao seu nivel na que Marta contou os seus inicios no mundo do deporte, a importancia do deporte para coidar ben o noso corpo e a nosa mente, a súa experiencia no deporte de alta competición, as diferenzas e semellanzas na súa especialidade atlética entre os homes e as mulleres, contou anécdotas das competicións internacionais nas que participou... Mostrou a súa xabalina; as botas con tacos adiante e atrás, tan importantes para transmitir á lanza toda a potencia do lanzamento; as diferentes prendas deportivas que empregou nos mitins internacionais...

O alumnado seguiu as charlas con moito interese e, ao final, Marta aclarou todas súas dúbidas e curiosidades.

Queremos agradecer a Marta Míguez a súa disposición e colaboración co centro. Foi unha extraordinaria experiencia!

O álbum elixido (aid = 239) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

25 NOVEMBRO

Co motivo da conmemoración do 25N, os nenos e nenas de 5° e 6° de infantil e os de 4° de primaria puideron disfrutar dun contacontos a cargo da compañía Trinke trinke teatro ofertada desde a Concellería de igualdade.

O RATO CANGURO (infantil)

O rato Fuco visita hoxe a biblioteca acompañado dun bebé ao que ten que coidar: Chámase Cochin, e é un fillo duns amigos seus que se chaman Lene Marta e Tomás, porcos protagonistas do Contos “Suave y Calentito”, de Bijou Le Ford. Lene Marta traballa fóra da casa e Tomás hoxe non pode atender o pequeno porque ten que ir ao veterinario. Así pois, o rato Fuco é o escollido para facerse cargo de Cochín. Durante a estadía na biblioteca, daralle de comer, lavarao, cambiaralle o cueiro, contaralle contos e mesmo lle cantará un arrolo para o adormecer, demostrando que en Lonxedetodo os coidados son una tarefa compartida por ratos e ratiñas.

AMOR, QUE CORTE (primaria)

Iseo A Moura achega nesta ocasión unha historia que, vindo xa dende Platón, recollen nun libro E. Amenzua e N. Foucart chamado “Una historia fantástica. El amor contado por los niños”. A través desta viaxe á Grecia clásica dende a perspectiva da sexoloxía humanística, reflexionaremos a cerca do que verdadeiramente é o amor, xa que se entendemos ben isto comprenderémonos a nós mesmos/as e aprenderemos a relacionarnos dun xeito respectuoso e gozoso. O sexo fainos diferentes e iso permítenos sentir interese e amor ao diferente a nós mesmas. Esta é a orixe da humanidade. A Moura contrapón esta historia do amor ás demais coa historia dunha sobreira que aprende que o amor comeza nunha mesma e só así consegue curar as feridas que lle causará a relación cos homes. Amor, que corte, son leccións importantes sobre todo o que nos une e nos diferencia a través da narración oral e a manipulación de obxectos.

25 N: Día para a eliminación da violencia conta a muller

25 Novembro: Acto do 3º Ciclo de Primaria

Para conmemorar o 25 N, o alumnado de 5º e 6º xunto con alumnado do IES 12 de Outubro e IES Blanco Amor, rodeou o edificio cunha cadea humana e, á hora determinada, soltaron globos violetas, como signo de solidariedade coas mulleres vítimas de violencia de xénero e para que non se repitan máis estes atentados machistas.

Logo, no patio do centro, tivo lugar un acto no que o alumnado do IES Blanco Amor leu un manifesto, o alumnado do IES 12 de Outubro representou unha obra de teatro sobre o tema e o alumnado do noso centro amosou a frase que acordaron os tres centros para visibilizar este acto.

Un fermoso acto!

O álbum elixido (aid = 229) non ten ninguha imaxe, ou non é público!
Distribuir contido


by Dr. Radut