Skip to Content

REVISTA ESCOLAR "A BUXAINA" CURSO 2020 21

     Aquí vos deixamos a edición dixital da Revista escolar "A Buxaina". Como ben sabedes está elaborada cos traballos realizados polo alumnado ao longo deste curso escolar 2020 21.

 


 
     Esperamos que vos guste.

Fin de curso - Espectáculos

NON TE AMOLA!

     Nas datas previas ao día das Letras Galegas traballamos nas aulas o libro inédito de Xela Arias "NON TE AMOLA!" publicado pola editorial Galaxia. Cada unha das aulas de educación primaria do centro reilustrou (no orixinal ilustrados por Luz Beloso) un capìtulo do libro e fixo un resumo do mesmo... 

     Así quedou a nosa adaptación de "NON TE AMOLA!".

 


 
     Tamén podedes acceder aos distintos capitulos de libro de maneira individual a través da seguinte galería de CÓDIGOS QR (só tedes que escanealos cun dispositivo móbil e seguir o enlace).
     Esperamos que vos agrade.

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: ANIMAIS DE GALICIA - ANIMAIS SALVAXES

     Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos presentadas ao VIII concurso de fotografía.

     Como podedes ver todas elas son fantásticas e recollen perfectamente a esencia do concurso, 

     Moitas grazas a todos e todas por participar.

        MONTAXE CONCURSO FOTO 2021

Pódense ver as fotos con máis detalle accedendo a esta galería...

TENDAL DE LIBROS - Día do libro

ASÍ QUEDOU O NOSO TENDAL DOS LIBROS COS PREFERIDOS DO ALUMNADO POLO DÍA DO LIBRO.

EXPOSICIÓN DONAS DE SI

A PARTIR DE MAÑÁ, PODEMOS VISITAR A EXPOSICIÓN DONAS DE SI. ONDE ESTÁN RECOLLIDOS OS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN QUE FIXERON AS AULAS DO CENTRO SOBRE MULLERES IMPORTANTES DE GALICIA.

 

 

Axudas do Concello de Ourense para comedor escolar e libros de Educación Infantil curso 2021-2022

A partir de mañá martes 13 de abril ábrese o prazo no Concello de Ourense para a solicitude de axudas para comedor escolar e libros de E. Infantil para o curso 2021-2022.

Premer aquí para consultar a ligazón.

 

2 de Abril." Día mundial da concienciación do Autismo"

Achégase o 2 de abril "Día Mundial da concienciación do autismo".  Este ano baixo o lema "PODO APRENDER, PODO TRABALLAR", invítasenos a reflexionar sobre o dereito das persoas TEA a unha educación inclusiva que promova o seu éxito académico e persoal. 

"FAI UN XESTO POLO AUTISMO"

Se queredes apoiar esta campaña sacade unha foto sostendo na vosa man un utensilio ou ferramenta. 

Enviade as fotos ao correo: actividadesceippracticas@gmail.com

 

Gústame o meu cole...

Distribuir contido


by Dr. Radut