Skip to Content

Simulacro de evacuación do centro

Hoxe, venres 3 de novembro, tivo lugar no noso centro un simulacro de evacuación segundo as directrices do plan de autoprotección.

Ás 10 h soaron as alarmas de incendio e alumnado, profesorado e persoal non docente seguiron de xeito moi satisfactorio as instrucións establecidas e a evacuación realizouse no tempo previsto. Unha persoa do centro foi designada a chou para interpretar o papel de ferida e seren rescatada polo corpo de bombeiros.

Grazas á excelente participación de toda a comunidade educativa presente no centro e dos servizos de rescate mobilizados, o simulacro foi un éxito!

 

Álbum: Curso 2023-24 -> Simulacro_Evacuación


album | by Dr. Radut