Skip to Content

A nosa chave

MURAIS XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS 2021

    Na semana das LETRAS GALEGAS, as aulas de Educación infantil do centro elaboraron cadanseu mural coa imaxe de Xela Arias para recordar a figura da poeta galega.

     Se premedes no seguinte debuxo da autora elaborado por un alumno do centro accederedes a unha galería de CÓDIGOS QR baixo os que están aloxados os distintos murais de cada aula (para ver os murais só tedes que escanealos cun dispositivo móbil e seguir o enlace).

                         Debuxo Xela

 

 

     Seguro que vos parecen verdadeiras obras de arte.

NON TE AMOLA!

     Nas datas previas ao día das Letras Galegas traballamos nas aulas o libro inédito de Xela Arias "NON TE AMOLA!" publicado pola editorial Galaxia. Cada unha das aulas de educación primaria do centro reilustrou (no orixinal ilustrados por Luz Beloso) un capìtulo do libro e fixo un resumo do mesmo... 

     Así quedou a nosa adaptación de "NON TE AMOLA!".

 


 
     Tamén podedes acceder aos distintos capitulos de libro de maneira individual a través da seguinte galería de CÓDIGOS QR (só tedes que escanealos cun dispositivo móbil e seguir o enlace).
     Esperamos que vos agrade.

RECOLLEITA TOPONIMIA 2021

     Aquí podedes consultar os topóminos recollidos polo alumnado de sexto de educación primaria ao longo deste curso escolar.

     Na táboa na que se presentan está recolliido o propio topónimo, o lugar de recollida, unha pequena descripción aportada polo alumnado e o posible significado do topónimo (coa súa orixe probable) segundo as fontes consultadas (manuais, estudos de toponímia, diferentes webs especializadas...).

     Esperamos que sexa de utilidade.

              TOPONIMIA

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: ANIMAIS DE GALICIA - ANIMAIS SALVAXES

     Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos presentadas ao VIII concurso de fotografía.

     Como podedes ver todas elas son fantásticas e recollen perfectamente a esencia do concurso, 

     Moitas grazas a todos e todas por participar.

        MONTAXE CONCURSO FOTO 2021

Pódense ver as fotos con máis detalle accedendo a esta galería...

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ANIMAIS DE GALICIA - ANIMAIS SALVAXES"

     Deixámosvos nesta entrada o enlace para ver a galería coas fotos presentadas ao VIII Concurso de fotografía do CEIP de Prácticas de Ourense que levaba por título "ANIMAIS DE GALICIA - ANIMAIS SALVAXES".

              

VIDEOCLIP CO TEMA "INTEMPÉRIOME" DO GRUPO MUSICAL A BANDA DA LOBA EN HOMENAXE A XELA ARIAS

     Aquí vos deixamos o videoclip de "Intempériome" pertencente al EP Hasme oír, un novo traballo de A banda da loba en homenaxe a Xela Arias.

 

GENIALLY DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

     Neste Genially podedes atopar material moi interesante para traballar o día das Letras Galegas. A pasalo xenial con el.

 

BIOGRAFÍA XELA ARIAS EN PICTOGRAMAS

     No arquivo adxunto podedes descargar unha pequena biografía de Xela Arias con Pictogramas. Esperamos que vos sexa útil.

                             

BRINCADEIRAS DA LINGUA

     Deste volta deixámosvos unha lista de reproducción con divertidos programas audiovisuais realizados por Migallas teatro que teñen como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados infantís que existen na lingua galega.

 

     E.... o dito, a gozar coa lingua. cos xogos e cos pequenos e pequenas.

XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS 2021

     Aquí vos deixamos os materiais elaborados polo Seminario Galán en torno á figura de Xela Arias.

 

     A gozar con eles.

Distribuir contido


by Dr. Radut