Skip to Content

A nosa chave

MOSTRA DE POSTAIS GAÑADORAS "FELICITA EN GALEGO 2022"

   Aquí podedes ver a mostra/exposición de postais gañadoras de cada unha das aulas do centro no concurso "FELICITA EN GALEGO 2022" convocado polo equipo de dinamización da lingua Galega neste Nadal.

     Moitas grazas pola vosa participación e BO NADAL.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022

     Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para este tempo de Nadal 2022. Podedes atopar todos os títulos na biblioteca do centro na sección de novidades.

 


     Esperamos que sexan do voso agrado.

EXPOSICIÓN OUTONO-SAMAÍN 2022

    Aquí vos deixamos unha galería coas fotos da exposición de OUTONO-SAMAÍN realizada cos traballos elaborados polas familias. Como podedes ver, as composicións con froitos secos e elementos propios do outono son FANTÁSTICAS. Podedes acceder á galería premendo na seguinte fotomontaxe ou ben facendo clic na foto do propio álbum que podedes atopar ao final desta entrada.

Foto montaxe Outono 2022

     MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

Álbum: Curso 2022-23 -> Outono-Samaín

UNIDADE DIDÁCTICA MAGOSTO 2022

     Aquí vos deixamos unha unidade didáctica para traballar o MAGOSTO. Podedes acceder a ela en versión Camaleo ou ben descargala en versión PDF no arquivo adxunto que acompaña a esta publicación.

 


 
     Esperamos que vos sexa de utilidade.

INFORMACÍÓN SAMAÍN

     Nesta entrada deixámosvos un Genially con moita información acerca do Samaín.

 

     Esperamos que vos sexa de utilidade.

RECURSOS SAMAÍN 2022

     Aquí vos deixamos un Genially con recursos abondo para o Samaín.

 

     Esperamos que sexa do voso agrado.

TALLER DE DECORACIÓN CON FROITOS E ELEMENTOS DE OUTONO 2022

     

DÍA DE ROSALÍA "DENDE AQUÍ VEXO UN CAMIÑO"

     Xa está aquí o nosa versión musicada do poema "Dende aquí vexo un camiño" de Rosalía de Castro. Tanto as voces como os debuxos que acompañan a película son autoría do alumnado do CEIP de Prácticas de Ourense. A música utilizada e do grupo Dezapal na súa versión musicada do mesmo poema de Rosalía de Castro.

     Moitas grazas a todos e todas polo vosa colaboración.

ENTREGA PREMIOS IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

     Aquí está a entrega de premios do IX concurso de fotografía do CEIP de Prácticas:

     Parabéns a todos e a todas e moitas grazas polo voso traballo.

XORNAL ESCOLAR "A BUXAINA 2022"

                                         

     Xa está aquí o último número do xornal escolar "A Buxaina" cos traballos do alumnado do centro neste curso 2021 2022. 

     Esperamos que sexa do voso agrado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut