Skip to Content

Igualdade - IGUÁLA-T

25 de novembro en 4º de Primaria: Amor, que corte

Co motivo da conmemoración do 25N, os nenos e nenas de 4º de Primaria puideron disfrutar dun contacontos a cargo da compañía Trinke trinke teatro ofertada desde a Concellería de igualdade.

AMOR, QUE CORTE

Iseo A Moura achega nesta ocasión unha historia que, vindo xa dende Platón, recollen nun libro E. Amenzua e N. Foucart chamado “Una historia fantástica. El amor contado por los niños”. A través desta viaxe á Grecia clásica dende a perspectiva da sexoloxía humanística, reflexionaremos a cerca do que verdadeiramente é o amor, xa que se entendemos ben isto comprenderémonos a nós mesmos/as e aprenderemos a relacionarnos dun xeito respectuoso e gozoso. O sexo fainos diferentes e iso permítenos sentir interese e amor ao diferente a nós mesmas. Esta é a orixe da humanidade. A Moura contrapón esta historia do amor ás demais coa historia dunha sobreira que aprende que o amor comeza nunha mesma e só así consegue curar as feridas que lle causará a relación cos homes. Amor, que corte, son leccións importantes sobre todo o que nos une e nos diferencia a través da narración oral e a manipulación de obxectos.

O álbum elixido (aid = 228) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

25 de novembro en 5º e 6º de Infantil

Co motivo da conmemoración do 25N, os nenos e nenas de 5° e 6° de infantil puideron disfrutar dun contacontos a cargo da compañía Trinke trinke teatro ofertada desde a Concellería de igualdade.

O RATO CANGURO

O rato Fuco visita hoxe a biblioteca acompañado dun bebé ao que ten que coidar: Chámase Cochin, e é un fillo duns amigos seus que se chaman Lene Marta e Tomás, porcos protagonistas do Contos “Suave y Calentito”, de Bijou Le Ford. Lene Marta traballa fóra da casa e Tomás hoxe non pode atender o pequeno porque ten que ir ao veterinario. Así pois, o rato Fuco é o escollido para facerse cargo de Cochín. Durante a estadía na biblioteca, daralle de comer, lavarao, cambiaralle o cueiro, contaralle contos e mesmo lle cantará un arrolo para o adormecer, demostrando que en Lonxedetodo os coidados son una tarefa compartida por ratos e ratiñas.

O álbum elixido (aid = 226) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

25 de Novembro

Este ano con motivo do día contra a violencia de xénero, elaboramos uns murais para adornar os corredores do centro e recordarnos que as nosas mans poden facer cousas maravillosas como acariñar ou facer cóxegas.

MURAL DE E.I.

 

MURAL DE 1º2º E.P.

 

MURAL DE 3º 4º EP

 

MURAL DE 5º 6º EP

Visitas na exposición Donas de si

Para rematar co proxecto amosamos algunhas das visitas que recibiu a exposición Donas de si. Grazas a todos/as.

 

EXPOSICIÓN DONAS DE SI

AO LONGO DO MES DE ABRIL, O ALUMNADO DO NOSO COLE PUIDO GOZAR DA EXPOSICIÓN DONAS DE SÍ.

 

EXPOSICIÓN DONAS DE SI

A PARTIR DE MAÑÁ, PODEMOS VISITAR A EXPOSICIÓN DONAS DE SI. ONDE ESTÁN RECOLLIDOS OS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN QUE FIXERON AS AULAS DO CENTRO SOBRE MULLERES IMPORTANTES DE GALICIA.

 

 

MEMORY DONAS DE SI

Se o pasalabra che parece moi difícil aquí tes outro xogo máis doado.

 

 

 

PASAPALABRA DONAS DE SI

Tedes aquí un entretido xogo para pasar un bo rato, recordando as mulleres galegas que investigamos.

 

 

8 de Marzo. Día da muller

Coa chegada do mes de Marzo, imos conmemorar o “mes da muller”, centrado no Plan Proxecta “Donas de sipolo que elaboraremos un dossier dunha muller galega en cada aula, para logo facer entre todos unha exposición.

Distribuir contido


by Dr. Radut