4º curso EI

VISITA DE NURIA

O PASADO DÍA 9 DE OUTUBRO TIVEMOS A VISITA DE NURIA, A NAI DE DANIELA.

NURIA TRÓUXONOS UNHA ÁRBORE QUE DECORAMOS COAS NOSAS PEGADAS, PARA ESTO USAMOS ALGUNHAS CORES DE OUTONO ( VERDE, VERMELLO, AMARELO E MARRÓN).

FOI UNHA ACTIVIDADE QUE NOS GUSTOU MOITO.

GRACIAS NURIA!!!

SAMAÍN E MAGOSTO

ESTE TRIMESTRE CELEBRAMOS NA NOSA ESCOLA DÚAS FESTAS MOI ARRAIGADAS NA CULTURA GALEGA : O SAMAÍN E O MAGOSTO.

 NO SAMAÍN  DECORAMOS CABAZAS CON AXUDA DOS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA. PARA DECORALAS USAMOS COUSAS QUE TROUXEMOS DA CASA, QUEDARON TERRORÍFICAS!!!! TAMÉN NOS DISFRAZAMOS DE PERSONAXES QUE DABAN MOITO MEDO : BRUXAS, PANTASMAS....

NO MAGOSTO COMIMOS AS CASTAÑAS, FROITO TÍPICO DO OUTONO, PERO ANTES XOGAMOS A UN MONTÓN DE XOGOS QUE NOS PREPARARON OS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA.

GRACIAS AOS COMPAÑEIROS DE 5º E 6º!!!!!!

 

 

 

VISITA DE VERÓNICA

O PASADO 2 DE NOVEMBRO TIVEMOS A VISITA DE VERÓNICA A NAI DE LOIS.

CON ELA FIXEMOS UNHAS ARAÑAS QUE DABAN MOITO, MOITO MEDO!!!!!!

PARA FACELAS PRECISAMOS UN CHUPA, PAPEL SEDA MARRÓN OU NEGRO, LIMPIAPIPAS MARRÓNS OU NEGRAS E UNS OLLIÑOS DE PLÁSTICO.

PASÁMOLO MOI BEN FACENDO AS NOSAS ARAÑAS!!!!!!

GRACIAS VERÓNICA!!!!!!

 

 

 

 

 

ANIVERSARIO AARÓN, LUIS, BLANCA E IAGO

NO MES DE OUTUBRO ESTIVERON DE ANIVERSARIO AARÓN, LUIS, BLANCA IAGO.

PINTARON UN CADRO QUE LEVARON PARA A CASA COMO AGASALLO E COMO NON...SOPRARON AS CANDEAS!!!!

PARABÉNS AOS CATRO!!!!! 

 

 

 

TEATRO

O PASADO MES DE OUTUBRO FOI A NOSA PRIMEIRA SAÍDA. FOMOS AO TEATRO!!!!

A OBRA QUE VIMOS FOI UNHA ADAPTACIÓN DE " A GALIÑA AZUL", BASEADA NO LIBRO DO MESMO TÍTULO DO ESCRITOR CARLOS CASARES ( LETRAS GALEGAS 2017).

FOI MOI EMOCIONANTE PORQUE, ENTRE OUTRAS COUSAS, PARA MOITOS DE NÓS FOI A PRIMEIRA VEZ QUE VIAXAMOS EN AUTOBÚS.

PINTAMOS

DURANTE OS PRIMEIROS DÍAS DE COLE PINTAMOS MOITO CON TÉMPERA. ENTRE OUTRAS COUSAS O POLO PEPE, NICOLEO (A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA), A FIGURA  HUMANA (GRACIAS A HUGO POR FACER DE MODELO!!!!) ONDE APRENDIMOS ALGUNHAS DAS PARTES DO CORPO

CUMPLES SETEMBRO

EN SETEMBRO ESTIVERON DE ANIVERSARIO EITAN E DANIELA .

ADEMÁIS DE SOPRAR AS VELAS, NOS ANIVERSARIOS, IMOS COÑECER PORQUE PASAN OS ANOS. CADA ANO QUE PASA A TERRA DA UNHA VOLTA ARREDOR DO SOL.

 

EMPEZAMOS O COLE

OLA A TODOS E TODAS!!!!

XA ESTAMOS AQUÍ OS MÁIS PEQUENOS DO COLE E QUEREMOS COMPARTIR CON VOS ALGÚNS MOMENTOS DOS NOSOS PRIMEIROS DÍAS.

 

 

 

SILVIA

ESTE ANO TIVEMOS MOITAS DESPEDIDAS PRIMEIRO ELENA,MAIKA DESPOIS A XUBILACIÓN DE EULOXIO E AGORA TOCA DESPEDIRNOS DE SILVIA.PRIMEIRO TOCA AGRADECERLLE TODO O SEU TRABALLO,AXUDA,DEDICACIÓN,...A IMOS BOTAR MOITO DE MENOS.OXALÁ QUE PARA O VINDEIRO CURSO VOLVA AO NOSO COLE SERÍA UNHA LEDICIA.MOITAS GRAZAS POR TODO UNHA APERTA MOI FORTE DA TÚA CLASE DE TRES ANOS.PARA DESPEDILA TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FIXEMOS UN LIBRO CON DEBUXOS DE SILVIA, QUE PABLO XA LLE SOPLOU ALGO"SILVIA EL OTRO DÍA TE DIBUJAMOS"JAJAJA.

MOITA SORTE PROFE!!!

FESTA FIN DE CURSO

O XOVES TIVEMOS A FESTA DE FIN DE CURSO ONDE PREPARAMOS XOGOS CON AUGA,XOGOS CON PARACAÍDAS E POPULARES.PASAMOS UNHA MAÑA MOI DIVERTIDA AGORA TOCA REPOÑER ENERXÍA PARA COMENZAR O VINDEIRO CURSO CON MOITAS GAÑAS E FORZA.BO VERÁN A TODOS E TODAS.UNHA APERTA MOI FORTE E ATA O VINDEIRO CURSO.

Distribuir contido