1º curso
Teatro xaponés - Berta, nai de Tiago Lorenzo
Berta, a nai de Tiago Lorenzo, veu á nosa clase a facernos disfrutar dunha bonita sesión de teatro xaponés. Primeiro fixemos un contiño entre toda a clase e, despois, preparou unha preciosa actividade na que ela e mais a súa familia, nos contaron o conto que fixemos entre todos.
Premendo na imaxe veredes un vídeo desta estupenda actividade. Moitas grazas por vir!!
Aniversarios de xaneiro e febreiro
Para comezar ben o mes de marzo celebramos os aniversarios de xaneiro e febreiro. Nesta ocasión estaban de cumple Tiago Lorenzo, Erik, Adrián Barcón, Dani e Yago Amado. Como sempre, comimos un montón de chuches, xogamos e bailamos para celebralo.
Premendo na imaxe veredes un vídeo do que aconteceu este día.
Teatro: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
O segundo trimestre en Lingua galega o imos dedicar a representar obras de teatro. A primeira de todas será " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". Premendo nas imaxes podedes ver un vídeo da representación que fixemos ao alumnado de 2º de Primaria, outro vídeo cos ensaios e, para rematar, un vídeo do conto da Toupiña coas nosas voces.
Día da Paz
Para celebrar o Día da Paz, este curso decidimos crear unha Ponte para a convivencia na que cada curso debía escribir palabras que considerase importantes para a paz e así, entre todos, formar unha fermosa paisaxe de convivencia. Para esta ocasión aprendimos ademais a canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan" e bailar con ela para festexar este fantástico día.
Premendo na primeira imaxe veredes unha presentación do noso mural e, na segunda, un pequeno vídeo do acontecido este día.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »