1º curso

Exposición sobre o mel

Case coa chegada da primavera, unha representante do Consello Regulador do Mel de Galicia veu ao cole a facermos unha exposición sobre o mel e o mundo da apicultura e as abellas.  Aquí podedes ver algunhas das imaxes do que nos contaron. Premendo na primeira veredes na Aula Virtual un pequeno vídeo do que aconteceu e, na 2º, podedes ir á web do sitio.

Entroido 2014- O Mar

No Entroido deste ano, o colexio converteuse nun xigantesco mar no que cada curso decidiu que quería ser. Nós fomos mariñeiros, con barco e todo, e como fixo bo tempo puidemos saír a pasear polo barrio e cantar na praza. Picando na primeira imaxe poderedes ver unha presentación con fotos do que aconteceu e, picando na segunda, veredes un vídeo.

Proxecto Letrilandia

Para aprender a ler e escribir, neste curso utilizamos os contos e historias do proxecto Letrilandia. Como nos gustou tanto decidimos facer a nosa propia versión das letras do conto. Picando na imaxe veredes unha presentación na que amosamos todo o que fixemos neste proxecto.

              

Día da Paz

Para celebrar o Día da Paz, este ano estudiamos a figura e vida de Nelson Mandela, un home que nos marcou moito na clase e do que aprendimos moito sobre os Dereitos Humanos e da igualdade entre as persoas. Picando na primeira imaxe podedes ver os Mandelas que fixemos na clase; picando na 2ª imaxe podedes ver algúns vídeos e actividades sobre Mandela e, picando sobre a 3ª imaxe, veredes o ensaio e actuación dos nenos e nenas do colexio coa canción Siyahamba. Agardamos que vos guste!!

Aniversarios Novembro, Decembro e Xaneiro

Para retomar o curso despois das vacacións de Nadal, que mellor que celebrar os aniversarios de decembro e xaneiro?? Nesta ocasión celebramos os aniversarios de Adrián Carreira, Xoán David e Iker. Picando na imaxe veredes unha presentación dalgunhas das cousiñas que fixemos ese día.

         aniversarios

Festival de Nadal

E, por fin, chegou o festival de Nadal!! Cantas cousiñas pasaron e que ben o pasamos!! Picando en cada imaxe podedes ver un vídeo do que aconteceu este día.

             ACTUACIÓN                       CONCURSO  DE  POSTAIS              VISITA  DE  PAPÁ  NOEL

Chocolatada 2013

Xa preto das vacacións fomos ao Local Social de Xuvia a tomar o xa tradicional chocolate con churros. Estaba boísimo e pasámolo xenial!!

                               

Artabán, o 4º Rei Mago

Antes das vacacións de Nadal viñeron á escola a contarmos a historia de Artabán, un 4º Rei Mago que tiña pensado ir cos outros tres ata o portal de Belén para darlle os seus agasallos ao neno Xesús, pero non chegou por axudar aos demais.

Agardamos que vos guste!!

                                

Belén Ponte de Xuvia 2013

Continuando coa tradición de hai anos de facer un Belén, o alumnado e o profesorado do centro preparou con moita adicación e coidado este precioso Belén. Agardamos que vos guste!!

                            

"Dona Carme" polo alumnado de 5º de Primaria

Os compañeiros e compañeiras de 5º curso prepararon con moito agarimo para os pequenos do cole a obra "Dona Carme" de Pepe Carreiro e Manuel Bragado. Mirade que ben o fixeron!! Podedes ver o vídeo picando na imaxe.

                            

Distribuir contido