2º Ciclo de Infantil

IMOS DE EXCURSIÓN EN TREN!!!

ESTE XOVES FOMOS DE EXCURSIÓN EN TREN,ESTÁBAMOS UN POUCO NERVIOSOS E MOI IMPACIENTES.PRIMEIRO TIVEMOS QUE ANDAR UN POUQUIÑO ATA A ESTACIÓN E POLO CAMIÑO ATOPÁMONOS CON MOITOS PAIS E NAIS QUE VIÑERON A DESPEDIRNOS.

MONTAMOS NO TREN E COMEZA A VIAXE,PARAMOS NAS PARADAS PARA COLLER A PASAXEIROS,VIMOS A PAISAXE,...E POR FÍN CHEGAMOS AO NOSO DESTINO,FERROL.ALÍ NOS ENSINARON UN POUQUIÑO A CABINA DO MAQUINISTA E FIXEMOS MOITAS PREGUNTAS QUERÍAMOS SABER QUE ERAN TODOS AQUELES BOTÓNS.DESPOIS FOMOS AO PARQUE DA PLAZA DE ESPAÑA E  XOGAMOS UN MONTÓN E  TAMÉN MERENDAMOS GALLETAS DE CHOCO,PALITOS E AUGA.

XA ERA A HORA DE VOLTAR AO COLE,QUE PRONTO PASARA O TEMPO.O PASAMOS MOI BEN E ESTAMOS DESEXANDO VOLTAR OUTRA VEZ.

TEATRO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ESTE ANO COMO XA SABEDES O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTIVO ADICADO A ROBERTO VIDAL BOLAÑO. NAS CLASES ESTIVEMOS COÑECENDO UN POUCO DA SÚA VIDA,DA SÚA OBRA,BOTANDO UNHA OLLADA AOS SEUS TRABALLIÑOS,...

 O LUNS VIÑERON A FACERNOS UNHA REPRESENTACIÓN DUNHA OBRA SÚA TITULADA "O TOPORROTOU DA LÚA E DO SOL".OS PERSONAXES  DA OBRA ESTABAN TODOS FEITOS CON UTENSILIOS QUE EMPREGAMOS NA COCIÑA E ESTABAN MOI DIVERTIDOS.

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

ESTE ANO AS LETRAS GALEGAS ESTÁN ADICADAS A ROBERTO VIDAL BOLAÑO. PREMEDE NA FOTO E ATOPAREDES UN XOGO SOBRE EL ADAPTADO PARA EDUCACIÓN INFANTIL.

PARA SABER UN POUCO MAIS DESTE ACTOR E DIRECTOR GALEGO PREME NO ENLACE.

http://robertovidalbolano.org/

OS IRMÁNS GRIMM

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

ESTA SEMANA FOMOS DE EXCURSIÓN! QUE NERVIOS! VISITAMOS A SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL EN FERROL, UN LUGAR MOI IMPORTANTE NESTA CIDADE NO QUE CUIDAN E SALVAN A MOITOS ANIMAIS QUE APARECEN FERIDOS, PARA QUE DESPOIS POIDAN VOLTAR AO SEU MEDIO NATURAL.

ADEMAIS TEÑEN UNHA EXPOSICIÓN DE ANIMAIS, OS SEUS OSOS, PLUMAS; DE CUNCHAS, FÓSILES, TRONCOS DE ÁRBORES... EN FIN, TODO MOI INTERESANTE. QUE PODEMOS DESTACAR? O CALAMAR XIGANTE, A TARTARUGA QUE QUEDOU ATRAPADA NUNHA REDE, O ESQUELETE DUN CERVO...

A NOSA VISITA FOI EN DOUS GRUPOS, E MENTRES UNS VÍAN A EXPOSICIÓN OS OUTROS ESTABAN NO SALÓN DE ACTOS VENDO UNHA PRESENTACIÓN DE ASTRONOMÍA. NO CASO DOS MAIS PEQUES A PRESENTACIÓN NON TIVO MOITO ÉXITO PERO DEIXÁRONNOS POÑER A PELI DE NEMO QUE LEVABAMOS COMO PLAN B.

MOITAS GRAZAS ÁS PERSOAS QUE ALÍ TRABALLAN POR ATENDERNOS TAN BEN, E POR DEIXARNOS MERENDAR NUNHA SALA QUE QUEDOU CHEA DE MIGAS E TROZOS DE GALLETA :-( .

RECOMENDÁMOSVOS QUE CANDO POIDADES VAIADES PORQUE É MOI INTERESANTE E GRATUITA, UN PLAN PERFECTO PARA AS VACACIÓNS QUE SE ACHEGAN...

A CONTINUACIÓN TEDES A PRESENTACIÓN COAS FOTOS DA EXCURSIÓN, SENTÁDEVOS PORQUE VAN CASE 100 FOTOS!!! ADEMAIS OS MAIORES EMPERAZON A VISITA POR UN LADO E OS PEQUES POR OUTRO, ASÍ QUE AS FOTOS PRACTICAMENTE NON SE REPITEN.

ENTROIDO 2013

Despois de unhos pequenos problemiñas técnicos na páxina web e unha vez resoltos aqui van unhas fotos do entroido.

Como xa sabedes a hora de entrada era ás 10 e alí estabamos todos puntuais.

Primeiro tocaba prepararse así que mans a obra.Poñemos o traxe un pouco de cor no colorete e xa estabamos listos.Saimos todos o patio para que papa,mama,avó,avoa,...nos sacaran unhas fotos e viran o guapos  e guapas que estabamos.

Rematada a sesión de fotos cando íamos a sair a desfilar polo paseo unha nube gordocha e gris  comezou a descargar auga,cambio de planes,non podiamos arriscarnos a mollarnos.Fomos para o ximnasio e alí fixemos un desfile,comimos orellas,freixos,...e coma a nube xa marchara decidimos sair fora e queimar o Meco.

Pero cando estabamos a piques de rematar de queimar o Meco outra vez a nube  decidiu visitarnos de novo,asi que todo o mundo para clase.

Ainda que o día non acompañou pasámolo moi ben igual todos xuntos esperamos que para o ano non nos visite de novo a nube

DÍA DA PAZ 2013

NOTA: A CARREIRA SOLIDARIA QUEDOU SUSPENDIDA POR MOR DO TEMPO. CANDO MELLORE FARÉMOLA PARA PODER COLABORAR COA ONG SAVE THE CHILDREN.

WANGARI

NESTES DÍAS ESTAMOS A TRABALLAR NA ESCOLA UN CONTO TITULADO "WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ".

A PROTAGONISTA É WANGARI MAATHAI, PREMIO NOBEL DA PAZ NO ANO 2004, ASÍ QUE APROVEITANDO A BONITA HISTORIA QUE NARRA ESTE CONTO, ESTAMOS A COÑECER UN POUCO SOBRE WANGARI.

ATOPAMOS NA INTERNET UN ENLACE NO QUE PODEREDES VER O CONTO E UN XOGO. NO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL XOGAMOS CO NIVEL BÁSICO E ESTÁ TENDO MOITO ÉXITO.

CLICADE NA PORTADA DO CONTO PARA VELO, PODER XOGAR E TAMÉN BAILAR ;-)

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E O DISFRUTEDES COS VOSOS PEQUES.

FESTIVAL DE NADAL

CHOCO-CHOCO-LA-LA-CHOCO-CHOCO-TE-TE

A FINAIS DE TRIMESTRE FOMOS A TOMAR UN CHOCOLATE CON CHURROS XUNTO COS COMPAÑEIROS DE 1º DE PRIMARIA... NA PRESENTACIÓN VEREDES O BEN QUE O PASAMOS E O RICO QUE ESTABA TODO.

 

Distribuir contido