Actividades

MÚSICA PARA O MES DE FEBREIRO

Este mes os nenos e nenas de 6º EP rematan os seus traballos de música e tócanos escoitar aos seguintes artistas: María Parrado, CNCO e Selena Gómez.

DÍA DA PAZ 2019

O día 30 de xaneiro o CEIP Ponte de Xuvia conmemora o Día da Paz e, este ano,  fixemos dúas actividades. Na hora de lectura os nenos/as maiores foron contar contos para invitar aos máis pequenos a reflexionar, pois tratan de valores que queremos fomentar en todo o alumnado do centro.

30 ANIVERSARIO DA NOSA REVISTA ESCOLAR

Este ano imos facer o 30 aniversario da nosa revista escolar é queremos levar a cabo varias actividades para conmemorar o evento. Esta semana comezamos cunha exposición itinerante de todos os números da revista polas clases.

MÚSICA EN XANEIRO

Xa chegou o novo ano e nós seguimos coa música suxerida polos nenos e nenas de 6º de EP.

Neste mes imos empezar con Melendi que nos quedou pendente en decembro porque estivemos a poñer panxoliñas na última semana. Despois seguiremos con Justin Bieber, Dvicio e Sweet California. Espero que vos gusten as súas suxestións. Que boa maneira de comezar o ano!!!!!

 

FESTIVAL NADAL 2018

Este ano celebrouse o día 21 de decembro o Festival de Nadal 2018. Tódalas clases participaron e fixérono moi ben. Presentaron o Festival Noa e Miguel de 6ºEP, grazas compañeiros.

Abriron o evento os nenos e nenas de 3 e 4 anos coa canción XA ME TARDAN ESTES MAGOS.

Despois todo o ciclo de infantil cantou a canción SNOWFLAKE. A continuación o curso de 5 anos cantou tamén a canción do grupo Mamá Cabra A LUZ DO NADAL. Seguidamente o equipo de Dinamización da Lingua Galega entregou os agasallos en galego polas postais elaboradas este ano polo alumnado do CEIP Ponte de Xubia.

Este ano o equipo de Educación Vial do Concello propuxo vir a última semana antes das vacacións cos patinetes e bicicletas tuneados de  Nadal. O inxenio das familias sorprendeunos moitos e todos os participantes recibiron un premio polo súa imaxinación.

A continuación actuaron nenos e nenas de 1º EP coa canción XA CHEGOU O NADAL, o alumnado de 2º EP fixo un flashmovie con dúas cancións:  ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU e DON´T STOP ME NOW. Éxito rotundo. Seguiron os nenos e nenas de 3ºEP coa canción de Mamá Cabra TRES REIS EN BICICLETA. Moi orixinal a súa posta en escea. Despois o alumnado de 4ºEP fixo  un remix de cancións supercoñecidas que fixeron cantar e reir a todo o público asistente. Pola súa banda os compañeiros e compañeiras de 5º presentaron un conto de Nadal. Finalmente pecharon o festival os maiores do cole cantando e tocando a panxoliña JINGLE BELLS.

 

 

 BO NADAL A TODOS !!!!  VÉMONOS NO 2019!!!!

 

CONCURSO DE POSTAIS 2018

Como xa é tradición no noso colexio ao chegar o Nadal, os nenos e nenas preparan postais para participar no concurso proposto desde Dinamización Linguística.

VISITA DO APALPADOR

O xoves 20 de decembro o colexio recibiu con moita ilusión a visita do Apalpador. O ANPA foi a que propuxo a ilustre visita que non deixou indiferente aos nenos e nenas.

Recibimos ao apalpador coa música de Paco Nogueiras e falounos un pouco da súa terra do Courel, despois agasallounos a cada clase con xogos moi divertidos cos que poderemos xogar no noso tempo de lecer nas clases. Estes foron os agasallos:

  • Os nenos e nenas de 3 anos foron agasallados cunha bolsa chea de animais.
  • Os nenos de 4 anos recibiron unha maleta con ferramentas.
  • O alumnado de 5 un xogo da oca e parchís.
  • 1ºEP recibiu un puzzle do mapamundi.
  • Nenos e nenas de 2º EP as cartas do UNO.
  • 3º EP recibiu un xogo de números chamado Rummikub
  • 4º EP o xogo rally co que botar contas.
  • 5º tamén o Rumikub.
  • 6º  un xogo de Xadrez.

Finalmente firmounos os dous exemplares que temos na biblioteca sobre a súa vida na montaña. Estamos todos encantados, témosllo que contar aos nenos e nenas de Piñeiros....

Grazas ao ANPA de novo por chamar ao apalpador.

 

Intercambio de cartas co alumnado do CEIP Piñeiros

Este mes de decembro comezamos, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, unha proposta que esperamos desenvolver durante todo o ano académico.

Cada clase está a intercambiar unha carta cos nenos e nenas do seu mesmo curso do CEIP Piñeiros. A primeiros de mes recibimos unha carta deles en cada clase, dita carta adxuntaba unha foto dos nenos e nenas e información sobre os seus libros favoritos en galego.

Algún deles ata nos mandaron un libro da súa biblioteca. Despois, con moita ilusión cada clase contestoulles  dando a mesma información e agradecéndolles o poder manter o contacto.

Temos dúas mestras que traballan nos dous centros e son as nosas carteiras, ainda que algúns cursos optaron por o método tradicional e outros como os  nenos de 5º de EP preferiron o correo electrónico  neste primeiro contacto.

Esperamos poder coñecernos mellor con cada carta e facer algo máis en conxunto.  Aquí podedes ver algún dos cursos coas cartas recibidas do  CEIP Piñeiros.

MÚSICA EN DECEMBRO

Seguimos cos grupos musicais favoritos de sexto de E.P.  Neste mes de decembro imos pinchar os seguintes grupos: Twenty One Pilots, ACDC e Melendi.  Esperemos que vos gusten. A mover o corpo.

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO C.E.I.P. PONTE DE XUVIA

O venres 16 de novembro celebramos no noso cole o Magosto.  De lonxe chegou o castañeiro coa súa locomotora para asar as castañas. ¡¡¡Que ricas estaban!!!!

Pero antes de papar estivemos divertíndonos cuns xogos populares elaborados pola nosa mestra de Educación Física. Primeiro xogaron os máis pequenos, infantil e 1º de primaria; o mais interesante foi que mesturamos as clases e fixemos 6 grupos e  os nenos e nenas de 6º de primaria eran os que nos explicaban as reglas de cada xogo.

Despois tocoulles o turno aos nenos e nenas de 2º a 5º de primaria que, tamén mesturados,  xogaron ás seis actividades propostas. Fora estaba o paracaidas, o circuito en motos, bicis e patinetes e o xogo da cuchara;  dentro do ximnasio xogamos á ra, rato que te pilla o gato e estatuas musicais. Pasou o tempo rapidísimo.

Despois de merendar o que trouxemos de casa, os pais e nais colaboradores repartíronnos castañas que aínda que eran pequenas estaban deliciosas.

Aquí vos deixo unha presentación de mostra para que vexades que ben o pasamos. Grazas aos membros do ANPA que viñeron a axudar, aos titores que nos axudaron a facer o cucurucho e o cestiño de brick, aos nenos/as de 6º que nos explicaron os xogos, a mestra de educación física, ao profe de música que nos conseguíu a música para bailar e a os nenos e nenas que trouxeron bicis e patinentes para facer o circuito.

Que ben funcionan as cousas cando se implica todo o mundo GRAZAS DE CORAZÓN.

¡¡¡¡¡¡ VIVA O  MAGOSTO!!!!

 

Distribuir contido