Actividades

MANDADOS DO ENTROIDO

COMEZA O TEMPO DE ENTROIDO E, CON EL, DÍAS DE FESTA, MÁSCARAS E DISFRACES... O MECO XA ENVIOU OS MANDADOS E, A PARTIRES DO MARTES DÍA 10, TEREMOS QUE CUMPRILOS TODOS TODIÑOS.

QUEREDES SABER CALES SON?

O MARTES, DÍA PRIMEIRO, VIREI MOI ALGARAREIRO E LEMBRARÁS CON CERTEZA TRAER ALGO NA CABEZA.

O MÉRCORES, SEGUNDO DÍA, SEGUE A ALGARABÍA E PARA QUE NON CHE DEAN A LATA TERÁS QUE VIR CON PIXAMA OU CON BATA.

O XOVES DE MANDADOS ÚLTIMO DÍA. AI XESÚS QUE CONFUSIÓN! OS RAPACES DE RAPAZAS, AS RAPAZAS DE RAPACES, AO MIRARNOS CERTAMENTE IMOS RIR A CACHÓN.

ASÍ QUE XA SABEDES, A ARGALLAR BEN E REBUSCAR NA CASA COUSAS DIVERTIDAS PARA PASAR UNHA SEMANA DE TROULA...E O VENRES FESTA RACHADA! VAI SER UNHA SEMANA MOI DIVERTIDA!

 

 

SUXESTIÓNS POLO NADAL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) ofrece unha nova edición do programa Nadal en Rede 2014. Inclúe actividades de lecer e diferentes materiais que poden ser de interese para utilizar (postais electrónicas con lemas en galego, modelo de carta aos Reis, guía de agasallos para a xente nova etc.).

Recoméndámosvos que botedes unha ollada se queredes que os vosos peques escriban a carta aos Reis Magos cun formato en galego, enviar unha postal en galego ou agasallar a alguén con algo feito na nosa terra.

Deixámosvos o enlace de Nadal en Rede:

http://www.xunta.es/linguagalega/nadal_en_rede

Por outra banda a Concellaría de Educación do Concello de Narón, a través do Servizo de Normalización Lingüística pon en marcha a campaña Felicita o Nadal en galego! co fin de promover o emprego da lingua galega entre a cidadanía.No enlace tedes a información e as postais descargables.

http://www.concellodenaron.com/web/cat/web/cat/gal/concello/nadal2014

 

Esperamos que vos gusten estas suxestións. Bo nadal!

 

 

CONCURSO DE POSTAIS 2014

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA ESCOLA CONVOCA UN CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, NO QUE PARTICIPAN TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA.

EN EDUCACIÓN INFANTIL PREMIASE A PARTICIPACIÓN E POLO TANTO O AGASALLO É GRUPAL, PARA A TODA A CLASE. EN EDUCACIÓN PRIMARIA O PREMIO É INDIVIDUAL E COMO AGASALLO RECIBIRON UN CONTO OU LIBRO EN GALEGO. PARA VER O BONITAS QUE SON AS POSTAIS PARTICIPANTES E PREMIADAS PREME NA IMAXE OU MIRA NO APARTADO DE CELEBRACIÓNS ONDE PON "NADAL".

GRAZAS A TODO O ALUMNADO POR PARTICIPAR!

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO

NESTE CURSO 2014/2015 CELEBRAMOS O MAGOSTO CUNS XOGOS POPULARES NO PABILLÓN. PARA VER O BEN QUE O PASAMOS PREME NA IMAXE OU MIRA DIRECTAMENTE NO APARTADO DE CELEBRACIÓN, NO APARTADO DE "MAGOSTO.

SAMAÍN 2014

POLO SAMAÍN FIXEMOS UN TALLER DE DECORACIÓN DE CABAZAS. PREME NA IMAXE PARA VER O RESULTADO OU IDE DIRECTAMENTE A "SAMAÍN" NO APARTADO DE "CELEBRACIÓNS".

GAÑADOR DO CONCURSO DE LARPEIRADAS

ESTE ANO O CONCURSO DE LARPEIRADAS GAÑOUNO UN NENO DE INFANTIL DA CLASE DE 5 ANOS,ANTÓN CORUJO.FIXO UNHAS ORELLAS MOI RICAS.PARABÉNS.

Día da Paz 2014

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística participou activamente na organización do Día da Paz do colexio.

Premendo na imaxe poderedes ver todo o que aconteceu ese día.


DÍA DA PAZ 2014: ENSAIOS

DESDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA SUMÁMONOS Á CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, DEDICADO NA NOSA ESCOLA A NELSON MANDELA NESTE CURSO ESCOLAR 2013/2014.

SE PREMEDES NA FOTO VEREDES UNHA PRESENTACIÓN DOS ENSAIOS DA CANCIÓN QUE CANTAMOS TODOS OS NENOS E NENAS TITULADA "SIYAHAMBA".

"Dona Carme" polo alumnado de 5º de Primaria

Os compañeiros e compañeiras de 5º curso prepararon con moito agarimo para os pequenos do cole a obra "Dona Carme" de Pepe Carreiro e Manuel Bragado. Mirade que ben o fixeron!! Podedes ver o vídeo picando na imaxe.

                            

Vitaminas para o Galego

Para celebrar as Letras Galegas, alumnos de tódolos cursos fixeron a lectura do Manifesto "Vitaminas para o Galego". Pronto este vídeo será inserido na web do proxecto na que poderedes ver lecturas e actividades que se fixeron noutros centros con este obxectivo.

Distribuir contido