Proxectos

Obradoiro de convivencia e prevención do acoso escolar

Durante este curso, o alumnado de 6º de primaria vai levar a cabo un obradoiro de Convivencia e prevención de acoso escolar, da man do persoal do Concello de Narón, que nos axudará a aprender a resolver conflitos dun xeito asertivo, a comprender mellor o comportamento das persoas e, sobre todo, a coñecer como funcionan as relacións persoais entre as persoas adolescentes e previr calqueira posible situación de acoso que se poida dar na escola.

Este obradoiro durará todo o ano e se levará a cabo os venres cada dúas semanas. Agardamos que nos sexa moi útil e nos axude nas nosas relacións cos demais.

 

Prensa - escuela. La Voz de la escuela

Durante este curso, o alumnado de 5º e 6º estará inmerso nun proxecto denominado Prensa - escuela por parte de La voz de Galicia. Este proxecto pretende achegar a prensa ao alumnado para poder tratar na aula temas de actualidade e xerar así debates e coñecemento a partires de textos escritos.

Ademais, La voz de Galicia pon a disposición do alumnado o xornal todos os mércores así como o xornal diario para a biblioteca escolar.

Agardamos que lle poidamos sacar todo o proveito!!

 

Últimas Pinzas

Mª José J.

PINZAS

Mª José J.

Maniquís

Mª José J.

PINZAS

Mª José J. Valbuena

PINZAS

Mª José J. Valbuena

Proxecto manequíns

Outro bonito traballo realizado polos pequenos - grandes artistas de 5º curso na materia de plástica.
É moi gratificante ver o interese, alegría e satisfacción coa que desenvolven os diferentes proxectos.

Mª José J. Valbuena

Broches de Feltro. "Especial Día da Nai".

Empezamos a traballar con feltro e como primeiro traballo xa atrevémonos con estes broches que cada un, partindo dunha esbozo, cortou e decorou ao seu gusto.
Por último preparámolo para regalo para as nais.

 

Mª José J. Valbuena

Distribuir contido