MES DE MAIO: A NOSA FALA/ MAY: OUR LANGUAGE

OUR LANGUAGE

 

Language is key  

 we open the world with;

our most delicate breathing,       

 our deepest sorrow. 
 

   Language makes up life,

 pain caused by knife,

   whisper made by wind,

         Word to share love.       

 

    Language is time,

         our grandparents´ voice

     that  brief wake

 we shall leave behind.

 

Language is our legacy,

People´s heritage,

magically old,

eternally new.

 

   Language is homeland,

  our more defining essence,

our common biggest

and powerful creation.

 

Language  is our streng

it harnesses and holds us,

if we let our language die

we will become nothing!

  

Language  is love,

 heartbeat, truth,

spring where flows

 our strongest brotherhood.

 

Refusing our language

 is to be mute and die.

 We require our language

 if we want to overcome!

 

MANUEL MARÍA

                 

O mes de maio é cando se celebra o Día das Letras Galegas, este ano está dedicado a Antonio Fraguas Fraguas. Foi fillo dunha familia humilde e un mestre de escola animou aos pais a mandalo a Pontevedra a estudiar o bacharelato,  a pesar de chegar cando aínda  non cumplira os 14 anos sacou adiante os seus estudos e alí Castelao doulle clases de debuxo. Continuou a súa formación en Santiago de Compostela onde pasou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos facendo achegas nas seccións de Xeografía, Etnografía, Folclore, Filoloxía e Historia. Entrou na Irmandade da Fala en Santiago, participou nas actividades do grupo Nós mediante a publicación de varios traballos na revista e tomou parte activa na defensa do Estatuto de Autonomía de Galicia promovido polo Partido Galeguista, de modo que pode dicirse que formou parte dos catro grandes proxectos do galeguismo do primeiro terzo do século XX (Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Grupo Nós e Partido Galeguista), todos eles truncados en 1936. En 1928 licenciouse en Filosofía e Letras e traballará como profesor de Instituto, profesor axudante na  universidade e profesor nunha academia privada chamada Xelmirez. En 1933 vai traballar na Estrada como profesor de instituto e dinamiza o concello facendo excursións e reunións en torno a distintos aspectos da Cultura Galega. Grazas a este labor cos veciños en 1936 non é represaliado pero é separado da docencia e retíranlle os seus títulos académicos.  Volve a Santiago para traballar nunha academia e en 1944 é nomeado bibliotecario do Instituto Padre Sarmiento.  Durante 9 anos traballará no instituto masculino de Lugo e seguirá cos seus estudos etnográficos de Galicia.  Voltará para Santiago onde se xubilará no instituto Rosalía de Castro con 70 anos. Neste momento xa era membro da RAG onde ocupou a cadeira de Castelao e tamén director do Museo Municipal de Santiago de Compostela.  En 1976 inaugúrase o Museo do Pobo Galego e será o seu primeiro director, alí doará a súa biblioteca privada e tamén poñeraá nunha das salas as ferramentas de canteiro do seu pai. A súa obra é extensísima, hai máis de 300 referencias que abranguen desde breves artigos xornalísticos ata grosos volumes , a súa curiosidade fíxoo traballar diferentes disciplinas: historia, arte, xeografía, etnografía e historia entre outras.  É un orgullo coñecer xente como Antonio Fraguas que sente verdadeiro amor pola nosa cultura.