Corre, corre, cabaciña!
O 31 de outubro celebramos no noso cole o Samaín. De novo todo o alumnado e o profesorado veu disfrazado caracterizándose de personaxes que dan medo. Incluso Nicoleo converteuse nun pirata sanguinario e non nos deixaba entrar na biblioteca... JA,JA,JA!
Dende aquí queremos agradecer aos pais e nais a colaboración coa celebración do Samaín, os nenos e nenas viñeron ben preparados para dar susto.
Ao final da mañá todo o colexio cantou o tema "Corre, Corre Cabaciña", inspirado nun conto popular portugués. Pasámolo fenomenal. VIVA O SAMAÍN!!!!!