30º ANIVERSARIO DA NOSA REVISTA ESCOLAR

En 1990 saía a revista número 1 do CEIP Plurilingue Ponte de Xuvia, estaba dedicada a Luis Pimentel,  e este ano 2019 sairá o número 30 dedicado a Antón Fraguas.

Por esta razón, este ano quixemos conmemorar o aniversario da Revista "A Ponte" facendo distintas actividades como:  

  • Calendario dedicado a todos os proxectos que estamos a facer este curso académico na nosa escola
  • Exposición itinerante de todas as revistas polas clases para que durante unha semana os rapaces e rapazas disfruten das revistas no tempo de lectura
  • Preparación de artigos especiais no número 30 traballando feitos relevantes ocurridos no mundo en 1990
  • Entrevista a alcaldesa Marián Ferreiro xa que na revista número 1 tamén aparecía unha entrevista ao alcalde  Xoan Gato
  • Exposición no colexio para os pais e nais, no mes de Abril coincidindo coa semana dedicado a Feira do Troco, inaugurada pola alcaldesa Marián Ferreiro.

Aquí vos deixamos fotos das revistas, da exposición itinerante pola clases e á feita para as familias. En xuño estará nas vosas mans a revista número 30.