DÍA DE ROSALÍA

O pasado venres 22 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. Dúas nenas de 6º de educación primaria leron unha pequena biografía da nosa escritora, nada o 24 de febreiro de 1837. Despois fixemos un recitado de algún dos seus poemas máis coñecidos. Os nenos e nenas de Educación Infantil recitaron "Adiós ríos, adiós fontes". O alumnado de 1º EP o poema "Teño tres pitas brancas", os de 2º EP "Cando era tempo de inverno", 3º EP cantou con música de Uxia o poema "Maio longo", 4º EP recitou "Pra a Habana",  5º EP "Cando penso que te fuches" e 6º EP "Unha vez tiven un cravo".

O mestre de música preparou con todos os ciclos a canción "Eu ben vin estar o moucho" remantando así a nosa homenaxe a Rosalia. GRAZAS AS TITORAS, TITORES, O MESTRE DE MÚSICA, A IRENE E UXÍA DE 6º EP E A TODOS OS NENOS/AS POLO ESFORZO LEVADO A CABO PARA QUE ESTA ACTIVIDADE FORA UN ÉXITO. VIVA ROSALÍA!!!!   VIVA A NOSA LINGUA!!!